Alberto Martínez Díaz, nado en Lugo o 27 de outubro de 1962, é un ex-futbolísta galego máis coñecido como Berto Martínez, que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria Debutou no fútbol profesional no Caudal Deportivo aínda que a maior parte da súa carreira transcorreu no Real Oviedo, club no que militaría 14 tempadas e durante as cales acadou o ascenso a Primeira División, gañou a Copa da Liga e chegou a disputar a Copa da UEFA. Na actualidade segue sendo o xogador que máis encontros oficiais disputou co club ovetense (512).

O 4 de setembro de 1991 foi convocado coa Selección de fútbol de España para disputar o encontro contra o Uruguai en Oviedo.

Retirouse no ano 2004 nas filas do Oviedo Astur.

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Deportistas de Lugo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Lugo Categoría:Xogadores do Caudal Deportivo Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Águilas CF Categoría:Xogadores do Astur CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Nados en Lugo