Anacampserotaceae é unha familia de plantas dicotiledóneas pertencente á orde Caryophyllales. A familia foi proposta en 2010, nun traballo no que se analiza a polifilia da suborde Portulacineae das Caryophyllales, sobre a base de evidencia morfolóxica e molecular. Dentro das anacampserotáceas inclúense tres xéneros, Anacampseros, Grahamia e Talinopsis, os cales se dispoñían previamente dentro da familia das portulacáceas.Nyffeler, R., and U. Eggli. 2010. Disintegrating Portulacaceae: A new familial classification of the suborder Portulacineae (Caryophyllales) based on molecular and morphological data. Taxon, 59(1): 227-240. Esta familia foi aceptada polo sistema de clasificación APG III.Chase, M. W., and J. L. Reveal. 2009. A phylogenetic classification of the land plants to accompany APG III. Botanical Journal of the Linnean Society, 161(2): 122–127.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Anacampserotaceae