As aizoáceas (Aizoaceae) son unha familia de herbas ou subarbustos pertencente á orde Caryophyllales.
Descrición Son plantas herbáceas ou subarbustivas, con follas enteiras e opostas, a miúdo carnosas (crasuláceas). A maioría dos membros de Aizoaceae son xerófitos, ou sexa, plantas adaptadas a soportar grandes períodos de seca, polo que están ben representadas nas zonas desérticas. Moitas das especies desta familia exhiben unha redución foliar para evitar a excesiva transpiración, como unha adaptación ás condicións xéricas.
Moitas especies tamén presentan unha abundante cantidade de cristais de calcio baixo a epiderme, os cales forman unha capa cristalina de carácter protector fronte á insolación.
As flores son apétalas pero posúen numerosos estaminodios, xeralmente vivamente coloreados, con aparencia de corola petaloide; son hermafroditas e son polinizadas por insectos. Con 4-5 ou máis estames funcionais, xineceo de ovario súpero, medio ou ínfero con 1 a 20 carpelos. O froito é unha cápsula dehiscente, chamada noz ou núcula.
Taxonomía
A familia comprende unhas 1100 especies repartidas en 126 xéneros, os que á súa vez se atopan distribuídos en 5 subfamilias:
Subfamilias Aizooideae Sesuvioideae Tetragonioideae Mesembryanthemoideae Ruschioideae
Xéneros miniatura|right|200px|Algunhas destas especies se volven invasoras: Carpobrotus acinaciformis chegou ás praias galegas.
Acrodon Acrosanthes Aethephyllum Aizoanthemum Aizoön Aloinopsis Amphibolia Antigibbaeum Antimima Apatesia Aptenia Arenifera Argyroderma Aspazoma Astridia Bergeranthus Berresfordia Bijlia Braunsia Brownanthus Carpanthea Carpobrotus Carruanthus Caryotophora Cephalophyllum Cerochlamys Chasmatophyllum Cheiridopsis Circandra Cleretum Conicosia Conophytum Corpuscularia Cylindrophyllum Cypselea Dactylopsis Delosperma Dicrocaulon Didymaotus Dinteranthus Diplosoma Disphyma Dorotheanthus Dracophilus Drosanthemopsis Drosanthemum Eberlanzia Ebracteola Enarganthe Erepsia Esterhuysenia Faucaria Fenestraria Frithia Galenia Gibbaeum Glottiphyllum Gunniopsis Hallianthus Hereroa Herreanthus Hymenogyne Imitaria Jacobsenia Jensenobotrya Jordaaniella Juttadinteria Khadia Lampranthus Lapidaria Leipoldtia Lithops Machairophyllum Malephora Mesembryanthemum Mestoklema Meyerophytum Mitrophyllum Monilaria Mossia Muiria Namaquanthus Namibia Nananthus Nelia Neohenricia Octopoma Odontophorus Oophytum Ophthalmophyllum Orthopterum Oscularia Ottosonderia Phyllobolus Pleiospilos Plinthus Polymita Psammophora Pseudobrownanthus Psilocaulon Rabiea Rhinephyllum Rhombophyllum Ruschia Ruschianthemum Ruschianthus Saphesia Schlechteranthus Schwantesia 'Scopelogena Sesuvium Skiatophytum Smicrostigma Stayneria Stoeberia Stomatium Synaptophyllum Tanquana Tetragonia Titanopsis Trianthema Trichodiadema Vanheerdea Vanzijlia Wooleya Zaleya Zeuktophyllum
Véxase tamén Ligazóns externas
- on line here Aizoaceae en L. Watson e M.J. Dallwitz (1992 onwards). The families of flowering plants NCBI Taxonomy Browser Family Aizoaceae Flowers in Israel
Categoría:Aizoaceae