Crangon, do grego kránkōn, "camarón", "gamba", é un xénero de crustáceos malacostráceos, o tipo da familia dos crangónidos, que agrupa varias especies de decápodos da suborde dos dendrobranquiados, que se distinguen dos camaróns da outra suborde (a dos pleociemados, ou decápodos nadadores), entre outras cousas, por careceren do típico rostrum ou rostro característico dos "verdadeiros" camaróns, aínda que a xente non os distingue e tamén lles aplica este nome.
Distribución As especies de Crangon encóntranse exclusivamente no hemisferio norte, achándose a maioría delas no norte do océano Pacífico. C. septemspinosa é a única especies do xénero que se atopa no noroeste do Atlántico, mentres que no nordeste deste océano viven C. crangon e C. allmanni. Coa excepción da importante especie comercial C. crangon, as especies de Crangon están pobremente distribuídas. O feito de que no Pacífico vivan gran número de especies fai pensar que o xénero se orixinou neste océano.
Especies O xénero Crangon comprende as seguintes especies viventes:
Crangon affinis De Haan, 1849 Crangon alaskensis Lockington, 1877 Crangon alba Holmes, 1900 Crangon allmanni Kinahan, 1860 Crangon amurensis Bražnikov, 1907 Crangon capensis Stimpson, 1860 Crangon cassiope De Man, 1906 Crangon crangon (Linnaeus, 1758) Crangon dalli Rathbun, 1902 Crangon franciscorum Stimpson, 1856 Crangon hakodatei Rathbun, 1902 Crangon handi Kuris & Carlton, 1977 Crangon holmesi Rathbun, 1902 Crangon lockingtonii Holmes, 1904 Crangon nigricauda Stimpson, 1856 Crangon nigromaculata Lockington, 1877 Crangon propinquus Stimpson, 1860 Crangon septemspinosa Say, 1818 Crangon uritai Hayashi & J. N. Kim, 1999
Ademais, coñécense dúas especies fósiles .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cragnon en Encyclopedia of Life. Contén informacións, imaxes e mapa de distribución. Consultada o 6/01/2013. Crangon en ITIS. Consultada o 12/02/2021. Crangon en Animal Diversity Web. Consultada o 6/01/2013. Crangon en NCBI. Consultada o 6/01/2013. Crangon en World Register of Marine Especies. Consultada o 6/01/2013.
Categoría:Carideos Categoría:Produtos da pesca