Para o topónimo Nadadores, véxase Nadadores, México. miniatura|270px|Palaemon serratus, o camarón, un crustáceo nadador (hoxe, dendrobranquiado). Os nadadores (Natantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas familias que integran as especies que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.
Todos os demais decápodos —nécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais caracterizados por camiñar polo fondo— agrupábanse no outro grupo ou orde, o dos reptadores (Reptantia).
Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades Reptantia: Crawling Crustaceans en British Marine Life. Consultada o 8/01/2012. ou en páxinas web serias.Decápodos. Calsificacíón en asturnatura.com Consultada o 8/01/2013.
Clasificación tradicional dos decápodos
Orde decápodos (Decapoda): Reptadores (Reptantia) Anomuros (Anomura) Braquiúros (Brachyura) Macruros (Macrura) Nadadores (Natantia)
O cambio na clasificación A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.
Baixo este sistema, Natantia é un grupo parafilético. A división primaria de Burkenroad dos decápodos en Dendrobranchiata e Pleocyemata foi, desde entón, corroborada por análises moleculares filoxenéticas.
Representacións de tres dos grupos antigamente situados nos "nadadores"
Clasificación actual A clasificación actual, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:
Orde Decapoda Latreille, 1802 Suborde Dendrobranchiata Bate, 1888 Suborde Pleocyemata' Burkenroad, 1963 Infraorde Stenopodidea Bate, 1888 Infraorde Caridea Dana, 1852 Infraorde Astacidea Latreille, 1802 Infraorde Axiidea de Saint Laurent, 1979b Infraorde Gebiidea de Saint Laurent, 1979 Infraorde Achelata Scholtz & Richter, 1995 Infraorde Polychelida Scholtz & Richter, 1995 Infraorde Anomura MacLeay, 1838 Infraorde Brachyura'' Linnaeus, 1758 Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Crustáceos Decápodos Dendrobranquiados Pleociemados Reptantes
Categoría:Crustáceos