Guiliade é un lugar da parroquia de Barbeito no concello coruñés de Vilasantar na comarca de Betanzos.
Descrición Guiliade é unha pequena zona limítrofe co concello de Mesía, na estrada Curtis-Santiago N-634, adicada á gandaría, o agro e as explotacións forestais. A Guiliade chegábase dende Curtis polo antigo camiño de Guiliade a carón do cal hai unha mámoa.
En 2018 contaba con 5 habitantes, segundo o Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 2 mulleres.
En 2019 continúa a concentración parcelaria da zona, parcelaria de Barbeito.
Patrimonio
Mámoa de Guiliade. No verán de 2013 a zona desbravouse cunha rozadoira de cadeas.
Lugares e parroquias Lugares de Barbeito
Parroquias de Vilasantar
Notas
Categoría:Lugares de Vilasantar