O Condado de Adams é o quinto máis poboado dos 64 condados do Estado de Colorado. Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, este condado ten 441.603 habitantes, censo de 2010, un 21,4% máis con respecto ao censo do 2000. Este estado recibe o seu nome por Alva Adams, Gobernador de Colorado 1887–1889, 1897–1899, e 1905. A sede do condado é Brighton. O Condado de Adams forma parte da Área Metropolitana Denver-Aurora-Broomfield e da Denver-Aurora-Boulder.

Historia En 1901, a Asemblea Xeral de Colorado votou a favor de dividir o Condado de Arapahoe en tres partes: un novo Condado de Adams, unha nova Cidade e Condado de Denver consolidada, e o resto do Condado de Arapahoe para renomealo como Condado de South Arapahoe.

Cidades Sete cidades e unha vila (Bennett) forman parte do condado. Algunhas partes da maioría destes municipios están en condados veciños: Arvada (parcialmente) Aurora (parcialmente) Bennett (parcialmente) Brighton (maior parte) Commerce City Federal Heights Northglenn (maior parte) Strasburg (parcialmente Thornton (maior parte) Westminster (parcialmente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Goberno do condado* Biografía de John D. Henderson Evolución do Condado de Adams, por Don Stanwyck

Adams