Os XXI Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse na cidade canadense de Vancouver, Columbia Británica, entre o 12 e o 28 de febreiro de 2010. Tras o fin deste evento, Vancouver organizou os Xogos Paralímpicos entre o 12 e o 21 de marzo dese mesmo ano.

A cidade de Vancouver foi elixida sede dos Xogos polo Comité Olímpico Internacional (COI) por riba das candidaturas surcoreana en Pyeongchang e austríaca en Salzburgo. Foi a terceira vez que os Xogos Olímpicos de Inverno tiñan lugar no Canadá, tras os Xogos Olímpicos de Inverno de 1976 e os Xogos Olímpicos de Inverno de 1988.

2.632 atletas inscribíronse inicialmente para os Xogos superando a marca establecida pola edición anterior, Turín 2006.

Elección da sede Cidade candidataMínMáx Andorra la Vella34 Berna4,56,5 Harbin56 Jaca56,5 Pyeongchang67,5 Salzburgo78 Saraxevo35 Vancouver79 Oito cidades presentaron a súa candidatura ante o COI antes do peche do proceso de recepción, o 4 de febreiro de 2001. Xunto a Vancouver, aspiraron a ser a sede dos XXI Xogos Olímpicos de Inverno as cidades Andorra la Vella, Berna, Harbin, Jaca, Pyeongchang, Salzburgo e Saraxevo.

Seguindo o sistema de elección e avaliación implementado coa fin de solucionar os problemas detectados na elección da sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002, as cidades candidatas foron sometidas a unha revisión técnica por parte do Grupo de Traballo de Aceptación de Candidaturas, que as avaliou e procedeu a establecer cales delas non acadaban os requirimentos mínimos, para que os membros do COI puideran concentrar a súa elección sobre as restantes.

O Grupo de Traballo presentou o informe o 11 de xullo de 2002. Para a súa realización examinou as candidatas en dez apartados (apoio gobernamental e da opinión pública, infraestrutura xeral, infraestrutura deportiva, vila olímpica, condicións ambientais e impacto, aloxamento, transporte, seguridade, experiencia previa e finanzas) e confeccionou unha táboa de "concepto xeral" coa fin de descartar aquelas cidades que non estaban nas condicións adecuadas de ser a sede olímpica en 2008. A tal fin, o Grupo de Traballo considerou que, nunha cualificación de 0 a 10, non se debería elixir unha cidade que tivese unha cualificación inferior a 6.

Vancouver estivo entre as mellores cidades cualificadas en case a totalidade dos temas analizados e a súa cualificación final foi a mellor das oito candidaturas. A súa candidatura recibiu as seguintes cualificacións por apartado, ordenados de xeito decrecente conforme a mínima: Resultados da votación do COI Cidade País Ronda 1 Ronda 2 Vancouver4056 Pyeongchang5153 Salzburgo16— Vila olímpica: 80-93 Infraestrutura deportiva: 76-85 Experiencia: 70-83 Aloxamento: 70-85 Transporte: 69-81 Seguridade: 68-78 Condicións ambientais: 67-85 Financiamento: 64-76 Apoio do goberno e a poboación: 60-81 Infraestrutura xeral: 55-70

Vancouver obtivo a súa puntuación máis baixa en infraestrutura xeral debido á longa distancia, superior aos 100 km, da estrada que conecta Vancouver con Whistler e o seu estado, mentres que as mellores puntuacións foron as relacionadas coa infraestrutura deportiva e a experiencia. Salzburgo, a súa principal competidora, superou en varios puntos a Vancouver chegando a cualificacións próximas a perfectas mais tivo unha cualificación mediocre respecto a súa vila olímpica. Segundo a avaliación, Vancouver e Salzburgo estaban por riba das condicións mínimas requiridas, mentres que Berna e Pyeongchang estaban xusto nas condicións mínimas. O resto das candidaturas estaban por debaixo e foron rexeitadas polo COI.

Facho Olímpico right|thumb|upright|Facho Olímpico sendo transferido. Do 22 de outubro de 2009 ao 12 de febreiro de 2010, máis de 12.000 relevistas levaron o facho olímpico nun percorrido de máis de 45.000 km que comezou na cidade de Olimpia (Grecia) e que pasou por Atenas antes de partir cara ao Canadá, onde a ruta seguida foi a seguinte:

Victoria - Whitehorse - Yellowknife - Churchill - Iqaluit - St. Johns - Halifax - Quebec - Montreal - Ottawa - Toronto - Winnipeg - Calgary - Prince George - Vancouver

Deportes A seguinte lista mostra as 15 disciplinas deportivas participantes nos Xogos Olímpicos de Vancouver, cun total de 86 eventos (entre paréntese o número de eventos): 20px Bíatlon (10) 20px Bobsleigh (3) 20px Combinada nórdica (3) 20px Curling (2) 20px Esquí acrobático (6) 20px Esquí alpino (10) 20px Esquí de fondo (12) 20px Hóckey sobre xeo (2) 20px Luge (3) 20px Patinaxe artística (4) 20px Patinaxe de velocidade sobre pista curta (8) 20px Patinaxe de velocidade (12) 20px Saltos de esquí (3) 20px Skeleton (2) 20px Snowboard (6)

Países participantes A seguinte táboa amosa ós países participantes nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 e o número de atletas representantes: Lista de nacións participantes , 1 , 153 , 6 , 1 , 7 , 4 , 40 , 81 , 2 , 9 , 1 , 50 , 5 , 5 , 19 , 206 , 3 , 90 , 1 , 2 , 1 , 2 , 46 , 18 , 18 , 73 , 50 , 18 , 215 , 30 , 1 , 95 , 108 , 8 , 1 , 7 , 1 , 16 , 3 , 4 , 6 , 4 , 1 , 3 , 109 , 1 , 94 , 38 , 2 , 59 , 3 , 7 , 8 , 4 , 1 , 1 , 7 , 3 , 2 , 1 , 2 , 99 , 16 , 34 , 1 , 3 , 50 , 1 , 52 , 92 , 29 , 177 , 2 , 1 , 10 , 2 , 106 , 146 , 1 , 5 , 47 , 3

Calendario das Competicións Nos Xogos Olímpicos de Vancouver leváronse a cabo 86 competicións en 15 deportes. Na seguinte táboa quedan detallados os días nos que tiveron lugar as competicións de cada deporte. As celas en azul corresponden aos días nos que se disputou cada disciplina e as celas en amarelo corresponden ás finais. O número indica a cantidade de finais disputadas nesa data. A cerimonia de apertura foi o día 12 ás 18:00 (hora de Vancouver)Vancouver inaugura unos juegos marcados por la tragedia

Febreiro V 12 S 13 D 14 L 15 M 16 M 17 X 18 V 19 S 20 D 21 L 22 M 23 M 24 X 25 V 26 S 27 D 28 T Cerimonias A G C Bíatlon1122 2 2 10 Bobsleigh 11 13 Combinada nórdica1 11 3 Curling 112 Esquí alpino 1111 111 1 1110 Esquí acrobático11 1111 6 Esquí de fondo 2 2 112 111112 Hóckey sobre xeo 112 Luge111 3 Patinaxe artística 11 114 Patinaxe de velocidade11111111 11 212 Patinaxe de velocidade en pista curta 1 1 2 1 3 8 Saltos de esquí1 1 1 3 Skeleton 2 2 Snowboard 1111 116 TOTAL 6 6 5 6 7 5 4 6 6 4 4 5 5 8 7 2 86 Febreiro V 12 S 13 D 14 L 15 M 16 M 17 X 18 V 19 S 20 D 21 L 22 M 23 M 24 X 25 V 26 S 27 D 28  T 

Cadro de medallas Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total1 14 7 5 262 10 7 20 303 9 15 13 374 9 8 6 235 6 6 2 146 6 0 3 9 7 5 2 4 118 5 2 4 119 4 6 6 1610 4 1 3 8

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial do Comité Olímpico Internacional e Sitio oficial dos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010 e

Categoría:Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 Categoría:Deporte no Canadá Categoría:Deporte en 2010 Categoría:Deporte en Vancouver