ESRO 1B (European Space Research Organization 1B), tamén coñecido como Boreas, foi un satélite artificial europeo lanzado o 1 de outubro de 1969 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características ESRO 1B foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 1B foi estudar os fenómenos aurorais mediante sete instrumentos. Os estudos incluían observacións da luminosidade auroral, a composición e temperatura da ionosfera e o fluxo, tipo e espectro de enerxía das partículas atrapadas e precipitadas (electróns de enerxías de entre 1 e 400 KeV e protóns de entre 1 KeV e 30 MeV). Debido ao fallo da última etapa do foguete Scout, o satélite foi inxectado nunha órbita inicial máis baixa do planeada, de 339 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 85,1 graos e un período de 90,6 minutos, o que reduciu a vida útil do satélite a 52 días. O eixo de simetría do satélite estaba aliñado magneticamente co campo magnético terrestre. Funcionou sen problemas a pesar de non estar na órbita planeada, recollendo datos simultaneamente a ESRO 1A, lanzado case un ano antes. Reentrou na atmosfera o 23 de novembro de 1969
Instrumentos ESRO 1B levaba a bordo un conxunto de instrumentos idéntico ó de ESRO 1A:
Medidor de espectro de enerxía e fluxos de electróns atrapados e precipitados. Analizador electrostático de partículas a altas latitudes. Medidor de espectros de protóns atrapados e precipitados. Medidor de distribución angular de electróns e protóns. Medidor de espectros de enerxía e fluxos de protóns solares. Fotómetros aurorais. Sonda Langmuir. Medidor de temperatura e composición iónica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ESRO (satélites)
Categoría:Satélites ESRO