Albert Memmi (ألبرت ميمي en árabe), nado en Tunisia o 15 de decembro de 1920 e finado en Neuilly-sur-Seine o 22 de maio de 2020, foi un escritor e ensaísta franco-tunesino.

Traxectoria

Nace en Tunes, principal cidade da Tunisia, entón colonia francesa, nunha familia de lingua materna árabe; fillo de François Memmi, artesán de orixe xudía italiana e de Marguerite Sarfati, unha xudía sefardí de ascendencia local. Albert Memmi formouse na escola francesa, primeiramente no Lycée Carnot de Tunes despois na Universidade de Alxer, onde estuda filosofía, e finalmente na Sorbona.

Paralelamente á súa obra literaria, traballou como ensinante no Lycée Carnot de Tunes (1953) e, tras viaxar a Francia despois da independencia tunesina, na "École pratique des hautes études", e na de "Hautes études commerciales" e na Universidade de Nanterre (1970). A pesar de apoiar ao movemento de liberación de Tunisia, non encontra o seu lugar no novo estado musulmán.

Memmi publica a súa primeira obra na que se perciben trazos autobiograficos, "A Estatua de sal" en 1953 cun limiar de Albert Camus. O seu libro máis coñecido é unha obra teórica prologada por Jean Paul Sartre "Retrato do colonizado, precedido do retrato do colonizador" publicado en 1957 e que aparece, naquela altura, como un apoio aos movementos independentistas. Esta obra amosa como a relación entre colonizador e colonizado condiciona a ambos os dous. É coñecido tamén pola súa "Antoloxía das literaturas magrebinas" publicada en 1965 (tomo I) e 1969 (tomo II).

Foi membro do comité de apadriñamento da Coordinación francesa para a Década da cultura de paz e da non-violencia.

Foi membro do comité de honra da Asociación para o dereito de morrer na dignidade.

Obra

En francés

La Statue de sel, Corréa, París, 1953 Agar, Corréa, París, 1955 Portrait du colonisé, précédé du portrait du colonisateur, Buchet/Chastel, París, 1957. Retrato do colonizado en galego (Laiovento 2016).''Retrato do colonizado na páxina web de Laiovento. Portrait d'un juif, Gallimard, París, 1962 Anthologie des écrivains maghrébins d'expression française, Présence africaine, París, 1964 La Libération du juif, Payot, 1966 L'Homme dominé, Gallimard, París, 1968 Le Scorpion ou la confession imaginaire, Gallimard, París, 1969 Juifs et Arabes, Gallimard, París, 1974 Le Désert, ou la vie et les aventures de Jubaïr Ouali El-Mammi, Gallimard, París, 1977 La Dépendance, esquisse pour un portrait du dépendant, Gallimard, París, 1979 Le Mirliton du ciel, Lahabé, París, 1985 Ce que je crois, Fasquelle, París, 1985 Le Pharaon, Julliard, París, 1988 L'Exercice du bonheur, Arléa, París, 1994 Le Racisme, Gallimard, París, 1994 Le Juif et l'Autre, Christian de Bartillat, París, 1996 Le Buveur et l'amoureux - le prix de la dépendance, Arléa, París, 1998 Le Nomade immobile, Arléa, París, 2000 Dictionnaire critique à l'usage des incrédules, du Félin, París, 2002 Portrait du décolonisé arabo-musulman et de quelques autres, Gallimard, París, 2004

En hebreo

Yehudim ṿe-Arvim. Targum, Aharon Amir. T.A., Tel Aviv: Sifriyat po'alim, 1975. Notas

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores en lingua hebrea Categoría:Alumnos da Universidade de París Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Tunisia