A presentación cruzada (cross-presentation na literatura inglesa) é un tipo especial de presentación de antíxenos. Refírese á capacidade de certas células presentadoras de antíxenos de captar, procesar e presentar antíxenos extracelulares unidos a moléculas do MHC de clase I aos linfocitos T citotóxicos CD8+ (o MHC I normalmente presenta antíxenos intracelulares). Un termo relacionado é cebado cruzado (cross-priming), que se usa para describir a estimulación de linfocitos T citotóxicos CD8+ virxes por este proceso. A presentación cruzada é necesaria para activar a inmunidade contra a maioría dos tumores e contra virus que non infectan ás células presentadoras de antíxenos, ou que interrompen o funcionamento normal das células dendríticas.Heath WR, Carbone FR. 2001. Cross-presentation in viral immunity and self-tolerance. Nat Rev Immunol 1: 126-34Rock KL. 1996. A new foreign policy: MHC class I molecules monitor the outside world. Immunol. Today 17: 131-7
Tamén se require para a indución da inmunidade citotóxica por medio de vacinación con antíxenos proteicos, por exemplo na vacinación contra tumores.Melief CJ. 2003. Mini-review: Regulation of cytotoxic T lymphocyte responses by dendritic cells: peaceful coexistence of cross-priming and direct priming? Eur J Immunol 33: 2645-54
Historia A primeira evidencia da presentación cruzada foi indicada en 1976 por Michael J. Bevan despois da inxección de células que levaban aloantíxenos en animais experimentais. Isto tivo como resultado a aparición de respostas das células T CD8 que foran inducidas por células presentadoras de antíxenos do receptor, o que implicaba que estas deberon captar e procesar as células inxectadas. Esta observación foi denominada cebado cruzado (cross-priming).Bevan MJ. 1976. Cross-priming for a secondary cytotoxic response to minor H antigens with H-2 congenic cells which do not cross-react in the cytotoxic assay. J. Exp. Med. 143: 1283-8
Despois, houbo moita controversia sobre a presentación cruzada, a cal non funcionaba nalgúns experimentos, pero hoxe se cre se debía a particularidades e limitación dalgúns dos sistemas experimentais usados.Wolkers MC, Brouwenstijn N, Bakker AH, Toebes M, Schumacher TN. 2004. Antigen bias in T cell cross-priming. Science 304: 1314-7. PMID 15166378.
Importancia na inmunidade A presentación cruzada xoga un papel na defensa inmunitaria contra moitos virus (herpesvirus, influenzavirus, CMV, EBV, SIV, papilomavirus, e outros), bacterias (Listeria, Salmonella, E. coli, Mycobacterium tuberculosis, e outras) e tumores (de cerebro, páncreas, melanoma, leucemia, e outras).Huang AY, Golumbek P, Ahmadzadeh M, Jaffee E, Pardoll D, Levitsky H. 1994. Role of bone marrow-derived cells in presenting MHC class I-restricted tumor antigens. Science 264: 961-5Sigal LJ, Crotty S, Andino R, Rock KL. 1999. Cytotoxic T-cell immunity to virus-infected non-haematopoietic cells requires presentation of exogenous antigen. Nature 398: 77-80 Aínda que moitos virus poden inhibir e degradar a actividade das células dendríticas, as células dendríticas que fan a presentación cruzada que non foron afectadas polo virus poden captar o antíxeno da célula dendrítica infectada por certos virus e poder así facer a presentación cruzada do antíxeno ás células T.
Por tanto, o cebado cruzado evita as estratexias de evasión inmune adoptadas por algúns virus, como a supresión do procesamento do antíxeno. En consecuencia, as respostas inmunitarias contra os virus que poden facer iso, como os herpesvirus, dependen en grande medida de que se produza a presentación cruzada.
Importancia na tolerancia inmunitaria Algúns autoantíxenos (antíxenos propios) son presentados por presentación cruzada, o que dá lugar á eliminación das células T CD8+ autorreactivas (que reaccionarían contra antíxenos propios). Este mecanismo mantén a autotolerancia e denominouse tolerancia cruzada.Kurts C, H Kosaka, FR Carbone, JFAP Miller und WR Heath. 1997. Exogenous class I-restricted cross-presentation of self antigens can lead to deletion of autoreactive CD8+ T cells. J Exp Med 186: 239-245
Bioloxía celular As células presentadoras de antíxenos con capacidade de realizaren a presentación cruzada son principalmente as células dendríticas,den Haan JM, Lehar SM, Bevan MJ. 2000. CD8(+) but not CD8(-) dendritic cells cross-prime cytotoxic T cells in vivo. J Exp Med 192: 1685-96.Kurts C, Cannarile M, Klebba I, Brocker T. 2001. Dendritic cells are sufficient to cross-present self-antigens to CD8 T cells in vivo. J Immunol 166: 1439-42. pero os macrófagos, linfocitos B e as células endoteliais sinusoidais do fígado tamén a poden facer. Os mecanismos intracelulares da presentación cruzada aínda non están claros, pero parece que implican a compartimentos subcelulares especializados con características de retículo endoplasmático e endosomas.Guermonprez P, Saveanu L, Kleijmeer M, Davoust J, Van Endert P, Amigorena S. 2003. ER-phagosome fusion defines an MHC class I cross-presentation compartment in dendritic cells. Nature 425: 397-402Burgdorf S, Kautz A, Böhnert V, Knolle PA, Kurts C. 2007. Distinct antigen uptake and intracellular routing mechanisms in CD4 and CD8 T cell activation. Science, 316: 612-6
As proteínas endocitadas transpórtanse despois fóra deste compartimento ao citosol por mecanismos descoñecidos. Alí son procesados polo proteasoma orixinando péptidos, que se transportan polo transportador TAP ao interior do retículo endoplasmático,Cresswell P, Bangia N, Dick T, Diedrich G. 1999. The nature of the MHC class I peptide loading complex. Immunol Rev 172: 21-8 ou de volta aos mesmos endosomas,Burgdorf S, Schölz C, Kautz A, Tampé R, Kurts C. 2008. Spatial and mechanistic separation of cross-presentation and endogenous antigen presentation. Nature Immunol, 9: 558-566. onde se unen ás moléculas do MHC de clase I. Ademais da captación de estruturas sólidas, a fagocitose das células dendríticas modifica simultaneamente a cinética do tráfico e maduración de endosomas. Como consecuencia, os antíxenos solubles externos son destinados á vía de presentación cruzada dos MHC de clase I..
Finalmente, os complexos MHC de clase I-péptido transpórtanse á superficie celular, onde poden ser detectados por células T CD8 específicas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas MeshName - Cross-Presentation
Categoría:Inmunoloxía