Park Chu-Young (Hangul: 박주영, Hanja: 朴主永; e tamén coñecido como Park Ju-Young) nado o 10 de xullo de 1985 en Daegu, Corea do Sur, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro.

Traxectoria Tras destacar cas seleccións de Corea do Sur Sub-20 e Sub-23 e ser nomeado Futbolista Asiático Xove do Ano pola Confederación Asiática de Fútbol, en 2005 fichou polo FC Seoul da K-League de Corea do Sur, no primeiro ano marcou 18 goles sendo o segundo máximo goleador do campionato e Novato do ano. A tempada seguinte deu un pequeno baixón pero recuperou á seguinte pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo.

En 2008 fichou polo AS Mónaco por seis millóns de euroshttp://www.soccerfame.es/transfer/4145/park-chu-young, onde militou tres tempadas, na última das cales marcou 12 goles, o que o levou a fichar polo Arsenal FC o 30 de agosto de 2011 da Premier League, co equipo inglés debutou na Liga de Campións ante o Olympique de Marsella.

Tras varios reforzos do equipo londiniense foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 2012/2013.

Coa selección absoluta

Comezou na Selección de fútbol de Corea do Sur Sub-20 no Campionato Xuvenil da AFC 2004, onde gañou o Balón de Ouro e foi escollido Xogador máis valioso do torneo. Tamén co combinado nacional participou no Campionato Mundial Xuvenil da FIFA en 2003 e 2005. Consagrouse ante o público coreano no 2005 cando a Selección Sub-20 foi convidada a un torneo de oito equipos en Qatar, nese torneo anotou dous goles ante a China, tres contra Ucraína, dous ante Alxeria e outros dous antes Xapón.

Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2012 coma un dos tres xogadores maiores de 23 anos, onde o equipo acadou a medalla de bronce.

Na actualidade é o capitán da Selección de fútbol de Corea do Sur.

Notas

Categoría:Futbolistas olímpicos de Corea do Sur Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Daegu Categoría:Xogadores do FC Seoul Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Watford FC Categoría:Xogadores do Al-Shabab FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Corea do Sur Categoría:Xogadores da K League 1 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce por Corea do Sur Categoría:Medallistas olímpicos en fútbol