A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e en francés: Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture) é un organismo especializado das Nacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura. Ten 194 estados membros e 12 membros asociados, así como socios das organizacións non gobernamentais, intergobernamentais e do sector privado. A súa sede atópase en París, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo e 199 comisións nacionais que facilitan o seu mandato global.
A UNESCO fundouse en 1945 como sucesora do Comité Internacional de Cooperación Intelectual da Sociedade de Nacións. (English summary ). A súa constitución estabelece os obxectivos da axencia, a estrutura de goberno e o marco operativo. A misión fundacional da UNESCO, que foi moldeada pola segunda guerra mundial, é promover a paz, o desenvolvemento sustentábel e os dereitos humanos facilitando a colaboración e o diálogo entre as nacións. Persegue estes obxectivos a través de cinco grandes áreas do programa: educación, ciencias naturais, ciencias sociais, cultura e comunicación. A UNESCO patrocina proxectos que melloran a alfabetización, proporcionan formación técnica e educación, fomentan a ciencia, protexen os medios independentes e a liberdade de prensa, preservan a historia rexional e cultural e promoven a diversidade cultural.
Como centro de coordinación da cultura e da ciencia mundiais, as actividades da UNESCO foron ampliándose ao longo dos anos; axuda na tradución e difusión da literatura mundial, axuda a establecer e asegurar o Patrimonio da Humanidade cultural e natural, traballa para tender unha ponte entre a fenda dixital mundial, e crea sociedades do coñecemento inclusivas mediante a información e a comunicación. A UNESCO lanzou varias iniciativas e movementos globais, como "Educación para Todos", para seguir avanzando nos seus obxectivos fundamentais.
A UNESCO está rexida pola Conferencia Xeral, integrada por estados membros e membros asociados, que se reúne semestralmente para fixar os programas e o orzamento da axencia. Tamén elixe os membros do consello executivo, que xestiona o traballo da UNESCO, e nomea cada catro anos un director xeral, que exerce como administrador xefe da UNESCO. A UNESCO é membro do Grupo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, unha coalición de axencias e organizacións da ONU destinadas a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.
Características Dedícase a orientar ós pobos nunha xestión máis eficaz do seu propio desenvolvemento, a través dos recursos naturais e os valores culturais, e coa finalidade de modernizar e facer progresar ás nacions do mundo, sen que por iso se perdan a identidade e a diversidade cultural. A UNESCO ten vocación pacifista, e entre varias cousas oriéntase moi particularmente a apoiar a alfabetización. Na educación, este organismo asigna prioridade ao logro da educación elemental adaptada ás necesidades actuais. Colabora coa formación de docentes, planificadores familiares e vivenda, administradores educativos e alenta a construción de escolas e a dotación de equipo necesario para o seu funcionamento.
As actividades culturais buscan a salvagarda do patrimonio cultural mediante o estímulo da creación e a creatividade e a preservación das entidades culturais e tradicións orais, así coma a promoción dos libros e da lectura. En materia de información, a UNESCO promove a libre circulación de ideas por medios audiovisuais, fomenta a liberdade de prensa e a independencia, o pluralismo e a diversidade dos medios de información, mediante o "Programa Internacional para a Promoción da Comunicación".
Historia miniatura|Traslado do Gran Templo de Abu Simbel a un lugar seguro, en 1967. A UNESCO ten as súas raíces en 1942, durante a segunda guerra mundial, cando os países aliados comezan a prepararse para restablecer os seus sistemas educativos en canto remate a guerra. Na Conferencia de Ministros Aliados de Educación (Conference of Allied Ministers of Education, CAME), no Reino Unido, inícianse as conversacións entre países europeos.
Como resultado, prepárase unha conferencia das Nacións Unidas para temas de educación e cultura, do 1 ao 16 de novembro de 1945. Reúnense corenta e catro países, dos cales trinta e sete deciden fundar a UNESCO. A constitución da UNESCO asínase o 16 de novembro, e vinte estados ratifícana un ano despois, o 4 de novembro de 1946 (Arabia Saudita, Australia, o Brasil, o Canadá, Checoslovaquia, China, Dinamarca, Exipto, Estados Unidos de América, Francia, Grecia, India, Líbano, México, Noruega, Nova Zelandia, República Dominicana, Reino Unido, Suráfrica e Turquía). Poucos días despois iníciase a primeira Conferencia Xeral da UNESCO, en París.
Segundo se van normalizando as relacións internacionais rotas pola segunda guerra mundial, vanse incorporando máis países. Así, o Xapón e a República Federal Alemá entran en 1951, España en 1953, a URSS en 1956 e os países africanos xurdidos na descolonización de África durante a década dos sesenta do século XX.
En 1957, por primeira vez un país membro abandona a UNESCO: o goberno de Suráfrica alega "interferencias" da UNESCO nos seus "problemas raciais". En 1996, con Nelson Mandela como presidente, Suráfrica volveu incorporarse á UNESCO.
Durante a X Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en París en 1958, acórdase crear un "Centro Latinoamericano de Estudos Superiores de Xornalismo". A iniciativa contou co apoio do Goberno e a Universidade Central de Ecuador, os cales o 9 de outubro de 1959 asinaron, xunto coa UNESCO, un acordo tripartito para a fundación e radicación en Ecuador de dito Centro, que hoxe leva o nome de Centro Internacional de Estudios Superiores de Comunicación para América Latina ou CIESPAL.
O 3 de novembro de 1958 inaugúrase a sede principal no número 7 da praza de Fontenoy, en París. A súa planta ten forma de Y. Os planos foron deseñados polos arquitectos Marcel Breuer, Pier Luigi Nervi e Bernard Zehrfuss e aprobados por un comité internacional de cinco membros: Lúcio Costa, Walter Gropius, Le Corbusier, Sven Markelius e Ernesto Rogers. Tamén foi consultado Eero Saarinen.
En 1960 lánzase o primeiro proxecto de grandes dimensións: a protección do templo de Abu Simbel e outros 21 monumentos e complexos arquitectónicos en Exipto, ameazados pola construción do encoro de Asuán.
En 1985, Estados Unidos abandona a UNESCO alegando diferenzas en temas de xestión; o Reino Unido e Singapur tamén a abandonaron en 1986. Isto fixo que o orzamento diminuíra considerabelmente durante os anos seguintes. Os tres países reincorporáronse posteriormente (en 2003, 1997 e 2007 respectivamente).
Órganos reitores Os órganos reitores da UNESCO son a Conferencia Xeral e o Consello Executivo.
A Conferencia Xeral A Conferencia Xeral está formada por representantes de todos os Estados membros da organización. Reúnese cada dous anos, coa participación dos estados membros e dos membros asociados.Cada estado membro ten un voto, independentemente de cal sexa a súa achega ao orzamento da organización.
Tamén se invita a participar, en calidade de observadores, a Estados non membros, organizacións intergobernamentais, organizacións non gobernamentais e fundacións.
A Conferencia Xeral determina a orientación e a liña de actuación xeral da UNESCO. Decide o Programa e o orzamento da UNESCO para os dous anos seguintes. Elixe aos membros do Consello Executivo e designa, cada catro anos, ao Director Xeral.
Os idiomas de traballo da Conferencia Xeral son inglés, árabe, chinés, español, francés e ruso.
O Consello Executivo
O Consello Executivo, á unha sorte de consello de administración da UNESCO. Prepara o traballo da Conferencia Xeral e vela porque as decisións se executen axeitadamente.
As funcións e responsabilidades do Consello Executivo emanan da Constitución e dos regulamentos ou directivas establecidos pola Conferencia Xeral. Este regulamento complementase coas resolucións da Conferencia Xeral. Cada dous anos, a Conferencia Xeral encarga tarefas específicas ao Consello. Outras atribucións emanan de acordos asinados entre a UNESCO e a ONU, as institucións especializadas e outras organizacións intergobernamentais.
Os seus 58 membros son escollidos pola Conferencia Xeral. A selección respecta a diversidade de culturas e a orixe xeográfica que representa cada país; trátase de acordos complexos para lograr que haxa equilibrio entre as diversas rexións do mundo, e reflectir a universalidade da organización. O Consello Executivo reúnese dúas veces no ano.
Directores Xerais da UNESCO En xuño de 2013, eran 11 os directores xerais da UNESCO dende a súa creación: nove homes e dúas mulleres. Os 11 directores xerais da UNESCO proceden de seis rexións da organización: Europa Occidental (5), América Central (1), América do Norte (2), África Occidental (1), Asia Oriental (1) e Europa Oriental (1).
Ata a data, non houbo ningún director xeral elixido das dez rexións restantes da UNESCO: sueste asiático, sur de Asia, Asia central e do norte, Oriente Medio, norte de África, África oriental, África central, Suráfrica, Australia-Oceanía e Suramérica.
A lista dos directores xerais da UNESCO dende a súa creación en 1946 é a seguinte:UNESCO official site: Directors-General
Imaxe Nome Nacionalidade Período 1. 60px Julian Huxley 20px|border Reino Unido 1946–1948 2. 60px Jaime Torres Bodet 20px|border México 1948–1952 3. 60px John Wilkinson Taylor 20px|border Estados Unidos 1952–1953 4. 60px Luther Evans 20px|border Estados Unidos 1953–1958 5. 60px Vittorino Veronese 20px|border Italia 1958–1961 6. 60px René Maheu 20px|border Francia 1961–1974 7. 60px Amadou-Mahtar M'Bow 20px|border Senegal 1974–1987 8. 60px Federico Mayor Zaragoza 20px|border España 1987–1999 9. 60px Koichiro Matsuura 20px|border Xapón 1999–2009 10. 60px Irina Bokova 20px|border Bulgaria 2009-2017 11. 60px Audrey Azoulay 20px|border Francia 2017-presente
Conferencia Xeral
Esta é a lista das sesións da Conferencia Xeral da UNESCO celebradas dende 1946:UNESCO official site: Previous Sessions of the General Conference
Sesión Localización Ano Presidida por Dende 1ª París 1946 Léon Blum 2ª Cidade de México 1947 Manuel Gual Vidal 3ª Beirut 1948 Hamid Bey Frangie 1ª extraordinaria París 1948 4ª París 1949 Edward Ronald Walker 5ª Florencia 1950 Stefano Jacini 6ª París 1951 Howland H. Sargeant 7ª París 1952 Sarvepalli Radhakrishnan 2ª extraordinaria París 1953 8ª Montevideo 1954 Justino Zavala Muniz 9ª Nova Deli 1956 Abul Kalam Azad 10ª París 1958 Jean Berthoin 11ª París 1960 Akale-Work Abte-Wold 12ª París 1962 Paulo de Berrêdo Carneiro 13ª París 1964 Norair Sisakian 14ª París 1966 Bedrettin Tuncel 15ª París 1968 William Eteki Mboumoua 16ª París 1970 Atilio Dell'Oro Maini 17ª París 1972 Toru Haguiwara 3ª extraordinaria París 1973 18ª París 1974 Magda Jóború 19ª Nairobi 1976 Taaita Toweett 20ª París 1978 Napoléon LeBlanc 21ª Belgrado 1980 Ivo Margan 4ª extraordinaria París 1982 22ª París 1983 Saïd Tell 23ª Sofía 1985 Nikolai Todorov 24ª París 1987 Guillermo Putzeys Alvarez 25ª París 1989 Anwar Ibrahim 26ª París 1991 Bethwell Allan Ogot 27ª París 1993 Ahmed Saleh Sayyad 28ª París 1995 Torben Krogh 29ª París 1997 Eduardo Portella 30ª París 1999 Jaroslava Moserová 31ª París 2001 Ahmad Jalali 32ª París 2003 Michael Omolewa 33ª París 2005 Musa Bin Jaafar Bin Hassan 34ª París 2007 Georgios Anastassopoulos 35ª París 2009 Davidson Hepburn 36ª París 2011 Katalin Bogyay 37ª París 2013 Hao Ping 38ª París 2015 Stanley Mutumba Simataa 39ª París 2017 Zohour Alaoui 40ª París 2019 Ahmet Altay Cengizer 41ªParís2021Santiago Irazabal Mourão 42ªParís2021Simona Miculescu
Críticas á UNESCO Nova Orde Mundial da Información e a Comunicación