Antón Riveiro Coello, nado en Xinzo de Limia o 28 de agosto de 1964, é un escritor en lingua galega.
Traxectoria Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tocou a guitarra nun grupo de rock, exerceu de vendedor, foi funcionario do Estado, e finalmente da administración autonómica en Boiro.
Colaborou activamente no proxecto Barbantia.
Obra dereita|miniatura Narrativa
Novela Valquiria (1994). Novo Século. Concello de Padrón. IV Premio Literario Camilo José Cela. A historia de Chicho Antela (1997). Espiral Maior. 160 páxs. ISBN 9788489814332. A quinta de Saler (1999). Galaxia. 196 páxs. , ISBN 978-84-8288-935-1. Distribuído por La Voz de Galicia dentro da Biblioteca 120. As rulas de Bakunin (2000). Galaxia. En portugués As rolas de Bakunine (2006). Deriva. 176 páxs. ISBN 9789729250170. En castelán Los hijos de Bakunin (2008). Ediciones El Andén. 200 páxs. Tradución de Carolina Muñoz Velázquez. ISBN 978-8496929975. En italiano I figli di Bakunin (2009). Edizioni dell Urogallo. 240 páxs. ISBN 9788890356339. Homónima (2001). Galaxia. 220 páxs. ISBN 978-84-9865-299-4. A canción de Sálvora (2002). A Nosa Terra. 70 páxinas. ISBN 978-8496202665. A esfinxe de amaranto (2003). Galaxia. 308 páxs. ISBN 978-8482886459. Casas baratas (2005). Galaxia. Os ollos de K (2007). Galaxia. 284 páxs. ISBN 978-84-9865-008-2. Laura no deserto (2011). Galaxia. 732 páxs. (8ª ed. en 2019). ISBN 978-84-9865-395-3. Traducido ao castelán por Xosé Antonio López Silva: Laura en el desierto (2013). Mar Maior. 740 páxs. ISBN 978-84-9865-500-1.
Os elefantes de Sokúrov (2015). 412 páxs. ISBN 978-84-9865-640-4. A ferida do vento (2016). Galaxia. 144 páxs. ISBN 978-84-9865-735-7. En inglés Wounded by the Wind (2025). Small Station Press. Tradución de Jonathan Dunne. O paraíso dos inocentes (2020). Galaxia. 324 páxs. ISBN 978-84-9151-478-7. El paraíso de los inocentes (2024) Adeshoras, 310 páxs. ISBN 978-84-128081-6-2 Hotel carioca (2023). Vigo: Galaxia. 594 páxs. ISBN 978-84-1176-049-2. Os abandonos (2026). Vigo: Galaxia. 134 páxs. ISBN 978-84-1176-603-6. Con esta obra Galaxia inaugurou a Biblioteca Riveiro Coello.
Relatos
Parque Central e outros relatos (1996). Espiral Maior. 116 páxs. ISBN 9788488137883.
Animalia (1999). Galaxia. 140 páxs. ISBN 978-84-8288-362-5. Sempre en galego (2007). Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Contos de agardar. As pantasmas de auga (2010). Bourel. Con gravados e debuxos orixinais de Francisco Blanco Alcalde.
Acordes náufragos (2013). Galaxia. 144 páxs. ISBN 978-8498654974. Á sombra dos bonsais (2017). Galaxia. 212 páxs. ISBN 978-8491510734. Días de intemperie (2022). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-907-2.
Ensaio miniatura|Placa en Xinzo de Limia na casa natal Cartafol do Barbanza (2002). A Nosa Terra. ISBN 978-84-95350-45-9. Carlos Casares. O neno que quería xogar co mundo (2017). La Voz de Galicia. ISBN 978-84-9757-313-9.
Literatura infanto-xuvenil A voz do lago (2007). Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-8288-712-8. O paso do esquecemento (2011). Centro de Cultura Popular do Limia. Ilustracións de Pilar Sevillano.
Poesía Limaiaé (2005). Centro de Cultura Popular do Limia.
Obras colectivas Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (Ediciós do Castro, 1992). A recortada e catro contos (Asociación de Libreiros, 1994). Historia da pusilanimidade e catro contos máis (Asociación de Libreiros, 1995). Airadas de palabras (Laiovento, 1998). Homenaxe a Blanco Amor (Espiral Maior, 1998). Noite de Relatos (NH Hoteles, 1998). O camiño de Santiago (Movistar-La Voz de Galicia, 1999). Mini-relatos, (Libraría Cartabón, 1999). Premio Café Dublín (1999) Premios Pedrón de Ouro. Certame Nacional Galego de Narracions Breves "Modesto R. Figueiredo". Certames XXII (1996) e XXIII (1997) (Ediciós do Castro, 1999). Benito Losada, 25 anos de labor cultural en Ourense (2001). Paisaxes con palabras (Galaxia, 2001). Materia prima. Relatos Contemporáneos (Xerais, 2002). Un universo literario en cen olladas (Agrupación de Libreiros, 2002). A máquina e a arte. Historia dunha invención (2003). Carlos Casares. A semente aquecida na palabra (Consello da Cultura Galega, 2003). Lagoas laiando na lama das leiras (Centro de Cultura Popular do Limia, 2003). Narradio. 56 historias no ar (Xerais, 2003). Palabra por palabra. Contos da Policía (Ir Indo, 2003). Sempre Mar (Asociación Cultural Benito Soto, 2003). As aforas do soño (Casa da Gramática, 2005). Carlos Casares, os amigos, as imaxes e as palabras (A Nosa Terra, 2005). 37 poemas, por man propia (Colección Bourel, 2006). Anuario de Estudos do Barbanza (Barbantia, 2006). Poetas e Narradores nas súas voces. II (Consello da Cultura Galega, 2006). Voces na Guerra (Barbantia, 2006). Voces na Materia (Barbantia, 2006). Volverlles a palabra (Difusora, 2006). A cor dos soños: III Encontro de Creadores no Barbanza: literatura infantil-xuvenil e ilustración (Barbantia, 2007). Con Lola Arxóns e Carlos Mosteiro. Voces na Historia (Barbantia, 2007). A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008). Lingua e Literatura Galega. 1º Bacharelato (Galaxia, 2008). Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (Difusora, 2009). Pedigree (Concello da Estrada-IES Manuel García Barros, 2013) O libro dos libros (Editorial Galaxia, 2018), no que colabora co relato "Acuario" Fisterra, relato curto en Galicia (Edicions Linteo, 2022). Historias de Barbantia (Galaxia, 2024), no que colaborara con "Paganini en Boiro".
Mencións e premios
Accésit no Certame Modesto R. Figueiredo no 1991, por A musa itinerante. Premio Camilo José Cela de narrativa no 1993, por Valquiria. 1º premio e accésit no Certame Modesto R. Figueiredo no 1995, por Bruca Manigua e A morte esquecida, respectivamente. Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 1996, por O nome no espello. 1º premio no Certame Modesto R. Figueiredo no 1997, por Setetraxes. Accésit do Premio García Barros no 1997, por A historia de Chicho Antela. Premio Café Dublín de narrativa no 1998, por Animalia. Finalista do Premio Torrente Ballester no 1998, por A quinta de Saler. Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa no 1999, por Homónima. Premio García Barros no 2000, por As rulas de Bakunin. Xuíz Honorario do Couto Mixto no ano 2004. Finalista do Premio Novela Europea Casino de Santiago no 2008, por Os ollos de K. Premio da Crítica Española 2011, por Laura no deserto. Premio de narrativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Laura no deserto. Finalista do Premio Novela Europea Casino de Santiago no 2012, por Laura no deserto. Premio Frei Martín Sarmiento na 6ª categoría: adultos, no 2013, por Laura no deserto. Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de narrativa do 2015, por Os elefantes de Sokúrov. Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de narrativa do 2016, por A ferida do vento. Premio Frei Martín Sarmiento na 6ª categoría: bacharelato e adultos, no 2017, por A ferida do vento. Premio Torrente Ballester 2019 por O paraíso dos inocentes. 1º Premio Álvaro Cunqueiro de Novela en 2022 por Hotel Carioca. Premio Arcebispo Xoán de San Clemente en 2024 por Hotel Carioca.
Ten sido galardoado tamén con outros premios como o Castelao de Narrativa, Breogán de Contos, Premio Ourense de Contos etc.
É fillo predilecto de Xinzo de Limia, fillo adoptivo do concello de Baltar, fillo adoptivo do concello de Boiro, xuíz honorario do Couto Mixto e foi presidente fundador da Asociación Cultural Barbantia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevistas na AELG Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros. Entrevista en Criticalia de Armando Requeixo en 2012.
Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gañadores do Premio García Barros