A doenza de Alzheimer, enfermidade de Alzheimer ou simplemente alzhéimer é unha enfermidade neurodexenerativa e desmielinizante do cerebro, caracterizada por unha perda das facultades cognitivas superiores, manifestándose inicialmente como alteracións da memoria episódica. Estes déficits amnésicos agrávanse coa progresión da doenza, e están posteriormente acompañados por déficits visio-espaciais e de linguaxe. O inicio da doenza pode darse moitas veces como simples alteracións da personalidade, con ideación paranoide. Caracterízase na súa forma típica por unha perda da memoria inmediata e doutras capacidades mentais, a medida que as células nerviosas (neuronas) morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de entre 7 a 10 anos,As fontes indican que os enfermos de alzhéimer teñen unha esperanza de vida despois do diagnóstico entre:

10 anos: 8-10 anos: 7-9 anos: 7-8 anos: variando en proporción directa coa severidade da enfermidade no momento do diagnóstico.

A enfermidade de Alzheimer é a forma máis común de demencia, é incurable e terminal, que aparece con maior frecuencia en persoas maiores de 65 anos de idade. Os síntomas da enfermidade como unha entidade nosolóxica definida foi identificada por Emil Kraepelin, mentres que a neuropatoloxía característica foi observada por primeira vez por Alois Alzheimer en 1906.A. Alzheimer. Z. Ges. Neurol. Psychiat. 4, 356 (1911) Así pois, o descubrimento da enfermidade foi obra de ambos os dous psiquiatras, que traballaban no mesmo laboratorio. Con todo, dada a grande importancia que Kraepelin daba a atopar a base neuropatolóxica das desordes psiquiátricas, decidiu designar a doenza como enfermidade de Alzheimer en honor ao seu compañeiro.

Polo xeral, o síntoma inicial é a inhabilidade de adquirir novas memorias, pero adoita confundirse con actitudes relacionadas coa vellez ou o estrés. Ante a sospeita de alzhéimer, o diagnóstico realízase con avaliacións de conduta e cognitivas, así como neuroimaxes, de estar dispoñibles. A medida que progresa a enfermidade, aparecen confusión mental, irritabilidade e agresión, cambios do humor, trastornos da linguaxe, perda da memoria de longo prazo e unha predisposición a illarse a medida que os sentidos do paciente diminúen. Gradualmente pérdense as funcións biolóxicas que finalmente levan á morte. O prognóstico para cada individuo é difícil de determinar. A media xeral é de 7 anos, menos do 3% dos pacientes viven máis de 14 anos despois do diagnóstico.

A causa do alzhéimer permanece descoñecida, aínda que as últimas investigacións parecen indicar que están implicados procesos de tipo priónico. As investigacións adoitan asociar a enfermidade á aparición de placas senís e nobelos neurofibrilares. Os tratamentos actuais ofrecen moderados beneficios sintomáticos, pero non hai tratamento que atrase ou deteña o progreso da enfermidade. Para a prevención do alzhéimer, suxeríronse un número variado de hábitos condutuais, pero non hai evidencias publicadas que destaquen os beneficios desas recomendacións, incluíndo estimulación mental e dieta equilibrada. O papel que xoga o coidador do suxeito con alzhéimer é fundamental, aínda cando as presións e demanda física deses coidados poden chegar a ser unha gran carga persoal.

O Día Internacional do Alzhéimer celébrase o 21 de setembro, data elixida pola OMS e a Federación Internacional do Alzhéimer, data na cal se celebran en diversos países actividades para concienciar e axudar a previr a enfermidade.

Prevese que en 2050 os pacientes de alzhéimer se vaian multiplicar por cinco.

Historia miniatura|220px|Auguste D., paciente na que Alois Alzheimer identificou por primeira vez os síntomas da enfermidade que levaría o seu nome. Médicos gregos e romanos asociaron a vellez coa demencia, pero non foi ata 1901 cando o psiquiatra alemán Alois Alzheimer identificou o primeiro caso do que se coñece hoxe como enfermidade de Alzheimer, nunha muller de cincuenta anos de idade, a quen chamou «Auguste D». O investigador fixo o seguimento do seu paciente ata a súa morte en 1906, momento en que por primeira vez informou publicamente do caso.Auguste D.:

Trala morte da muller, Alzheimer examinoulle o cerebro ao microscopio. Anotou as alteracións das "neurofibrilas", elementos do citoesqueleto tinguidos cunha solución de prata.

Durante os seguintes cinco anos, a literatura médica reportou polo menos once casos similares, algúns deles utilizando xa o termo «enfermidade de Alzheimer». A enfermidade foi categorizada por primeira vez por Emil Kraepelin logo da supresión dalgúns elementos clínicos concomitantes como delirios e alucinacións, así como características histolóxicas irrelevantes para a enfermidade como os cambios arterioscleróticos, os cales figuraban no informe orixinal sobre Auguste D. Na oitava edición do seu libro de texto de Psiquiatría, publicado en 1910, incluíu á enfermidade do Alzheimer, denominada tamén por Kraepelin «demencia presenil», como un subtipo de demencia senil.

Durante a maior parte do século , o diagnóstico do alzhéimer estaba reservado para as persoas entre as idades de 45 e 65 anos con síntomas de demencia. A terminoloxía cambiou desde 1977 cando, nunha conferencia sobre alzhéimer, chegouse á conclusión de que as manifestacións clínicas e patolóxicas da demencia presenil e senil eran case idénticas, aínda que os autores tamén agregaron que iso non descartaba a posibilidade de que tivesen causas diferentes. Isto, a longo prazo, levou a facer o diagnóstico do alzhéimer independentemente da idade. O termo demencia senil do tipo alzhéimer foi empregado durante un tempo para describir o trastorno naquelas persoas maiores de 65 anos, mentres que a enfermidade clásica de Alzheimer reservábase para as de menor idade. Finalmente, o termo enfermidade de Alzheimer foi aprobado oficialmente na nomenclatura médica para describir a individuos de todas as idades cun patrón de síntomas: características, curso da enfermidade e neuropatoloxía comúns.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) proclamou o 21 de setembro como o Día Internacional do Alzhéimer (ou da Loita contra o Alzhéimer). Segundo esta organización, a enfermidade de Alzhéimer representa entre un 60% e un 70% dos casos de demencia .

Epidemioloxía +Taxas de incidencia do alzhéimer despois dos 65 anos de idade Idade Incidencia(novos casos)por cada milpersoas-idade 65-69 3 70-74 6 75-79 9 80-84 23 85-89 40 90- 69 A incidencia en estudos de cohortes, mostra taxas de entre 10 e 15 novos casos cada mil persoas ao ano para a aparición de calquera forma de demencia e entre 5 e 8 para a aparición do alzhéimer. É dicir, a metade de todos os casos novos de demencia cada ano son pacientes con alzhéimer. Tamén hai diferenzas de incidencia dependendo do sexo, xa que se aprecia un risco maior de padecer a enfermidade nas mulleres, en particular entre a poboación maior de 85 anos.

A prevalencia é a porcentaxe dunha poboación dada cunha enfermidade. A idade avanzada é o principal factor de risco para sufrir alzhéimer: maior frecuencia a maior idade. Nos Estados Unidos, a prevalencia do alzhéimer foi dun 1,6% no ano 2000, tanto na poboación xeral como na comprendida entre os 65 e 74 anos. Apreciouse un aumento do 19% no grupo dos 75 aos 84 anos e do 42% nos maiores de 84 anos de idade;Estimacións para 2000 U.S.A.:

con todo, as taxas de prevalencia nas rexións menos desenvolvidas do mundo son inferiores. A Organización Mundial da Saúde estimou que en 2005 o 0,379% das persoas a nivel mundial tiñan demencia e que a prevalencia aumentaría a un 0,441% en 2015 e a un 0,556% en 2030. doutra banda, para o ano 2010 a Alzheimer's Disease International estimou unha prevalencia de demencia do 4,7% a nivel mundial para persoas con 60 anos ou máis, representada por certas cifras ao alza respecto de varios estudos publicados con anterioridade (10% superiores ás estimadas para The Lancet en 2005).

Outro estudo estimou que no ano 2006, un 0,4% da poboación mundial (entre 0,17 e o 0,89%; valor absoluto aproximadamente 26,6 millóns ou entre 11,4 e o 59,4 millóns) veríase afectado polo alzhéimer e que a prevalencia se triplicaría para o ano 2050.Estimacións para 2007:

Etioloxía As causas do alzhéimer non foron completamente descubertas. Existen tres principais hipóteses para explicar o fenómeno: o déficit da acetilcolina, a acumulación de amiloide ou tau e os trastornos metabólicos.

A máis antiga delas e na que se basean a maioría dos tratamentos dispoñibles é a hipótese colinérxica, a cal suxire que o alzhéimer débese a unha redución na síntese do neurotransmisor acetilcolina. Esta hipótese non mantivo apoio global por razón de que os medicamentos que tratan unha deficiencia colinérxica teñen reducida efectividade na prevención ou cura do alzhéimer, aínda que se propuxo que os efectos da acetilcolina dan inicio a unha acumulación a tan grandes escalas que leva á neuroinflamación xeneralizada que deixa de ser tratable simplemente promovendo a síntese do neurotransmisor.

Outra hipótese proposta en 1991, relacionouse coa acumulación anómala de proteínas beta-amiloide (tamén chamada amiloide Aβ) e tau no cerebro dos pacientes con alzhéimer. Nunha minoría de pacientes, a enfermidade prodúcese pola aparición de mutacións nos xenes PSEN1, PSEN2 e no xene da APP, localizado no cromosoma 21. Neste último caso a enfermidade aparece clasicamente en persoas co síndrome de Down (trisomía no cromosoma 21), case universalmente aos 40 anos de vida e transmítese de pais a fillos (polo que existen, habitualmente, antecedentes familiares de alzhéimer nos pacientes que desenvolven a enfermidade en idades precoces). Esa relación co cromosoma 21, e a tan elevada frecuencia de aparición da enfermidade nas trisomías dese cromosoma, fan que a teoría sexa moi evidente.

O alzhéimer está caracterizado por depósitos amiloideos no cerebro. O seu compoñente principal é o péptido beta amiloide de 42 aminoácidos (βA42), en cuxo proceso de produción, é fundamental a participación da γ-secretase, que depende á súa vez das presenilinas (PSEN).

Deste xeito institúese un novo grupo de moléculas de relativo recente descubrimento, implicadas na xénese da enfermidade do Alzheimer e fundamental para a súa comprensión e que ofrecen posibilidades como dianas terapéuticas. Para comprender que son estas moléculas, debemos sinalar que se tratan dun grupo de substancias peptídicas producidas principalmente no cerebro. Hai dous tipos, PSEN 1 e PSEN 2, cunha estrutura similar. A función principal que desempeñan ambas PSEN consiste no procesamento proteolítico de numerosas proteínas de membrana de tipo 1, entre elas a APP, formando parte da γ secretase; de aí a importancia das PSEN na enfermidade de Alzheimer, xa que a través da regulación da γ secretase determinan a forma de Aβ que se xera e xa que logo a súa acumulación no tecido cerebral. O alzhéimer de inicio cedo relacionouse con mutacións no cromosoma 21, que contén o xene da APP, e os cromosomas 14 e 1, que codifican para PSEN1 e PSEN2 respectivamente; estas mutacións teñen como resultado, entre outros efectos, o aumento da concentración de βA. Mentres que o alzhéimer de inicio tardío relaciónase con mutacións no xene da apolipoproteina E. O xene que codifica a PSEN1, do que se coñecen 177 mutacións distintas, é o responsable da aparición do alzhéimer de inicio tan cedo como aos 23 anos. A mutación da PSEN2 é o causante de menos do 1% dos casos de alzhéimer autosómicos dominantes, influíndo máis nestes portadores os factores ambientais.