Laureano López Rodó, nado en Barcelona o 18 de novembro de 1920 e finado en Madrid o 11 de marzo de 2000, foi un político español.

Traxectoria Estudou Dereito na Universidade de Barcelona doutorándose na Universidade Central de Madrid trala guerra civil. En 1945 obtivo a cátedra de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e en 1961 trasladouse a Madrid.

Membro do Opus Dei, está considerado como un dos principais impulsores da política económica de desenvolvemento da década de 1960 en España. A principios da década Franco confiou a política económica a un grupo de expertos que lle aconsellaron acabar coa autarquía e acercarse ao mercado común, seguindo as recomendacións do Banco Mundial e o FMI. O grupo, coñecido como os "tecnócratas" (termo despectivo utilizado por certos sectores do réxime criticando a súa falta de compromiso cos ideais do "Movemento"), sendo López Rodó un dos principais membros. A súa carreira política estivo moi vencellada ao almirante Carrero Blanco.

En 1956 foi nomeado Secretario Xeral Técnico da Presidencia de Goberno polo ministro da Presidencia Carrero Blanco,Villena Oliver (2026), p. 72 realizando unha reforma profunda da Administración Pública do Estado, ademais da creación da Escola Nacional de Administración Pública en 1960. Entre 1962 e 1973, como Comisario do Plan de Desenvolvemento (cargo elevado á categoría de Ministro sen carteiraUrquijo Goitia, J.R., Dicionario biográfico de ministros , Instituto de Historia, CSIC . en 1965), dirixiu a preparación e aplicación dos tres Plans de Desenvolvemento Económico e Social que significaron un importante crecemento da economía española.

En xuño de 1973, ao ser nomeado Carrero Blanco Presidente do Goberno, converteuse en Ministro de Asuntos Exteriores, cargo no que só estivo uns meses, debido ao asasinato de Carrero en decembro dese ano. Entre 1974 e 1975 foi embaixador en Viena. Nas últimas Cortes franquistas formou un grupo parlamentario, o Grupo Parlamentario Regionalista.

Despois da morte de Franco participou no proceso de reforma política. Fundou o partido Acción Regional, que apostaba polo rexionalismo fronte ao uniformismo do Estado propio do ideario franquistaCosgaya García, J.: La actividad política de Laureano López Rodó durante la transición a la democracia , Instituto de Historia, CSIC .. Máis adiante, sacrificou dito partido para integrarse en Alianza Popular (coalición conservadora encabezada por Manuel Fraga), con miras a aglutinar o voto dun amplo sector da sociedade española. Porén, AP non logrou os resultados esperados nas primeiras eleccións democráticas de xuño de 1977, ás que López Rodó se presentara como cabeza de lista pola provincia de Barcelona, resultando elixido deputado ao Congreso, participando activamente con emendas na elaboración da Constitución española de 1978, como membro da Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas.

Posteriormente foi elixido deputado por Barcelona no Parlamento de Cataluña, integrando o grupo de vinte escollidos para redactar o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1979. En 1979 abandonou a política por desacordos con AP, reincorporándose á súa cátedra da Universidade Complutense de Madrid e ao exercicio da avogacía.

Posicionándose a favor da modernización do réxime franquista e da súa evolución cara a unha monarquía parlamentaria similar a outras democracias occidentais, converteuse nun dos máis firmes partidarios do nomeamento do Príncipe Xoán Carlos como sucesor do Xeneral Franco á fronte da Xefatura do Estado, á vez que facilitou o camiño á Lei para a Reforma Política.

Foi académico numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación (1984), da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas (1963) e da Real Academia de Ciencias Económicas y Financieras (1979). Doutor honoris causa polas universidades de Coímbra e Aix-Marseille. Membro numerario do Consello Superior de Investigacións Científicas (1953) e do Consello Internacional de Ciencias Sociais da Unesco (1981). Membro da Asociación Internacional de Dereito Comparado. Presidente do Comité Executivo do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas (1977 a 1983).

É autor dun gran número de publicacións, artigos e traballos sobre teoría política e xurídico-administrativa, así como importantes Anteproxectos e Proxectos de Lei.

Obras de López Rodó El Coadyuvante en lo Contencioso-administrativo, Madrid, 1943 El Patrimonio Nacional, Madrid, 1954 Justicia y Administración en el Reino Unido, Madrid, 1958 Estructura y funciones de la Administración Financiera, Madrid, 1963 La Administración Pública y las transformaciones socio-económicas, Madrid, 1963 Política y Desarrollo, Madrid, Aguilar, 1970 Nuevo horizonte del Desarrollo, Aguilar, 1972 La larga marcha hacia la monarquía, Barcelona, Noguer, 1977, 5ª, 691 pp. Aspectos económicos y fiscales de la autonomía, Barcelona, 1979 Las autonomías, encrucijada de España, Aguilar, 1980 Estado y Comunidades Autónomas, Abella, 1984 Testimonio de una Política de Estado, Editorial Planeta, 1987 Memorias (I), Esplugues de Llobregat, Plaza & Janés, 1990, 1ª, 789 pp. Memorias:(II) Años decisivos, Espluges de Llobregat, Plaza & Janés, 1991, 1ª, 730 pp. Memorias:(III) El principio del fin, Esplugues de Llobregat, Plaza & Janés, 1992, 1ª, 736 pp. Memorias:(IV) Claves de la Transición, Plaza & Janés, 1993

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cosgaya García, Jaime, La actividad política de Laureano López Rodó durante la transición a la democracia, Instituto de Historia, CSIC .

Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Ministros do franquismo Categoría:Embaixadores de España en Austria Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Membros do Opus Dei Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte) Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Políticos de AP Categoría:Académicos de número da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Categoría:Ministros de Asuntos Exteriores de España