Škofja Loka é unha cidade de Eslovenia.Conferencia: European Historic Towns and Their Associations, por Vodušek Neža (p. 32), Council of Europe (2000), ISBN 978-92-871-4394-5 É o principal núcleo económico, cultural, educativo e administrativo do concello homónimo. Está situada na rexión de Alta Carniola e no 2012 tiña unha poboación de 11.905 habitantes.
Está situada a uns 22 km da capital do país, Liubliana.
Topónimo A primeira mención que se ten de Škofja Loka data do 973 como Lonca (referido a Stara Loka) (e como Lonka en 1160, Lok en 1192–97, Scofolotti en 1293, e Scofioloco en 1295, entre outros nomes). O nome significa literalmente pradeira (húmida) dos bispos, facendo referencia á súa pertenza aos bispos de Freising.Snoj, Marko. 2009. Etimološki slovar slovenskih zemljepisnih imen. Ljubljana: Modrijan and Založba ZRC, p. 413.
Xeografía Škofja Loka está situada a 354 m de altitude na confluencia dos ríos Poljane Sora e Selca Sora, na transición da Chaira Sora cara aos outeiros de Škofja Loka e os outeiros de Polhov Gradec. O seu centro histórico está situado nos socalcos do río, e comprende a praza da cidade (Plac) e a praza baixa (Lontrg). Nunha elevación sobre a cidade se encontra o Castelo de Loka, que alberga o Museo de Loka. Por riba do castelo érguese o monte Krancelj (475 m). Ao norte do centro da cidade se encontra o monte Kamnitnik (414 m), coñecido pola súa rocha known for its conglomerada.Kamnitnik – nahajališče škofjeloškega konglomerata (Depósito conglomerado de Kamnitnik – Škofja) na Enciklopedija naravne in kulturne dediščine na Slovenskem – DEDI, por Čretnik Jankož. Editada por Šmid Hribar, Mateja. Torkar, Gregor. Golež, Mateja. Podjed, Dan. Drago Kladnik, Drago. Erhartič, Bojan. Pavlin, Primož. Jerele, Ines.
Demografía Entre 1999 e 2008, a poboación da cidade de Škofja Loka aumentou lixeiramente a cerca de 23.000 habitantes en todo o concello .
A poboación da cidade situábase no 2012 en 11.905 habitantes.
Evolución demográfica do concello 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 22.047 22.146 22.097 22.133 22.184 22.226 22.308 22.314 22.420 22.647
Historia miniatura|left|O río Selca Sora en Škofja Loka. O Kapucinski most que o cruza é a ponte máis antiga que se conserva en Eslovenia. miniatura|left|Praza da cidade no centro. A columna mariana é un monumento barroco, levantado en 1751 para agradecer que a peste e o lume se alonxaran da cidade.
Historia temperá No 973, Škofja Loka foille concedida aos bispos de Frising por parte do Emperador Odón II.Savnik, Roman, ed. 1968. Krajevni leksikon Slovenije, vol. 1. Ljubljana: Državna založba Slovenije. pp. 378–381. Construíronse un castelo e unha torre sobre a cidade para defendela a finais do século XI ou XII. O Emperador Odón III concedeulles aos bispo o dereito de acuñar moeda e cobrar peaxes. Škofja Loka foi mencionada por primeira vez como cidade con dereitos de mercado en 1248, e con dereitos de cidade en 1274.
Škofja Loka foi amurallada no século XIV. En 1457, o duque Jan Vitovec atacou e queimou a cidade. Posteriormente, en 1476, foi atacada polos otománs, así como o padecemento de pragas e limes. En 1488, 1492 e 1515 tiveron lugar revoltas campesiñas na cidade. Škofja Loka foi destruída por un terremoto en 1511, mais pronto foi reconstruída co esforzo do bispo Filipe. En 1526 chegou o luteranismo en Škofja Loka, para iso creáronse novas leis contra a nova relixión e celebrouse un comité da Contrarreforma no castelo en 1601 que culminou coa queima de libros protestantes.
Boa parte da cidade foi danada polos lumes de 1660 e 1698. Os muros defensivos foron pouco a pouco quedando obsoltetos e finalmente foron eliminados xunto coas portas da cidade en 1789.
Idade Moderna En 1803 o Príncipe-bispo de Freising foi mediatizado pola Mediatización Alemá e Škofja Loka converteuse en parte do Ducado de Carniola, pertencente ao Imperio austríaco. Škofja Loka foi a primeira cidade de Carniola en posuír luz eléctrica, mesmo antes do terremoto de 1895.
Segunda guerra mundial Škofja Loka foi ocupada polas forzas italianas o 13 de abril de 1941. As autoridades italianas foron substituídas polas alemás o 17 de abril. Os primeiros cidadáns da cidade foron arrestados pola Gestapo o 6 de maio de 1941 e nas seguintes semanas 26 familias foron deportados a Serbia. Unidades partisáns estiveron activas na zona durante a Guerra. O 9 de febreiro de 1944, os forzas alemás dispararon a 50 reféns como vinganza polo asasinato dun soldado alemán. Os partisáns entraron na cidade o 9 de maio de 1945. Trala Guerra, o Castelo de Loka foi empregado como prisión para os prisioneiros de guerra e os presos políticos.Škofja Loka CastleModer, Gregor. 1993. A Guide to the Museums of Slovenia. Ljubljana: Mestni muzej Ljubljana, p. 109.Portmann, Michael. Communist Retaliation and Persecution on Yugoslav Territory during and after WWII (1943–1950). Vienna: GRIN Verlag, p. 23.
Fosas comúns Škofja Loka é o lugar onde se localizan sete fosas comúns do período inmediatamente posterior á segunda guerra mundial. Dúas fosas comúns máis relacionadas con estas están localizadas na veciña Vincarje. Outros prisioneiros de guerra foron eliminados en Gabrovo, Bodovlje, Trnje, Pevno, entre outros lugares. Un número descoñecido de Gardas Nacionais e civís eslovenos, e posiblemente vítimas doutros nacionalismos, foron asasinados e enterrados en diversos lugares nos arredores do castelo. A Fosa Común do Castelo de Loka (en esloveno Grobišče na vrtu loškega gradu) está localizada no parque do castelo.Loka Castle Yard Mass Grave on Geopedia As fosas comúns 2-6 do muro do castelo (en esloveno Grobišče pri grajskem obzidju 2–6) están situadas no perímetro do castelo. A fosa número 2 encóntrase nun prado na esquina suroeste da muralla do castelo e nela foron descubertos os corpos de cinco vítimas en decembro de 2006.Castle Wall 2 Mass Grave on Geopedia A terceira fosa está no interior da esquina suroeste da muralla.Castle Wall 3 Mass Grave on Geopedia A cuarta fosa está nun prado ao carón da avenida bordeada de árbores.Castle Wall 4 Mass Grave on Geopedia A quinta fosa está na parte esquerda do camiño xunto á parede.Castle Wall 5 Mass Grave on Geopedia A sexta fosa está á dereita, baixo o camiño.Castle Wall 6 Mass Grave on Geopedia A Fosa Común do Campo Viršek (en esloveno Grobišče Virško polje) está situada na zona sur da cidade, entre o río Poljane Sora e a estrada a Gorenja Vas, preto de dous búnkers. Contiña os restos dun número descoñecido de prisioneiros de guerra alemáns. Pénsase que os restos foron desenterrados despois da Guerra.Viršek Field Mass Grave on Geopedia
Posguerra A cidade asumiu a propiedade do castelo en 1959. Škofja Loka ten un dos centros urbanos medievais mellor conservados de Eslovenia, e foi proclamada munumento cultural en 1987.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información turística Sitio web da cidade
Categoría:Cidades de Eslovenia