Un conservador ou restaurador é o profesional titulado cunha formación que o capacita para desenvolver unha variedade de traballos de conservación e restauración relacionados cos bens culturais.
Funcións As súas actividades non están reguladas no Reino de España. Consonte á definición recollida na Titulación de Conservación e Restauración de Bens Culturais, as actividades realizadas por este grupo de profesionais son as seguintes:
Análise e diagnose do estado de conservación dos bens culturais Definición, planificación e execución de estratexias, plans e tratamentos de conservación-restauración Redacción e dirección de proxectos de conservación-restauración Xestión de coleccións Supervisión da conservación preventiva Asesoría técnica e tarefas de investigación e docencia
A páxina web da Arcobéns define o conservador-restaurador como o profesional que leva a cabo aquelas accións encamiñadas a acadar a mellor conservación dos bens culturais, garantindo no posible a súa estabilidade e permanencia, mediante o exame, o diagnóstico, a intervención necesaria, a colocación de medidas de prevención, o estudo do seu comportamento e das condicións que o rodean, así como dos elementos e condicións para a súa mellor preservación.http://www.arcobens.com/web_arcobens.html
Formación académica Para exercer a práctica da conservación é preciso ser titulado nunha escola superior de conservación e restauración ou nunha universidade que ofreza esta titulación. En 2009, en España, o Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais substituíu o antigo título superior, que era equivalente a unha diplomatura, pero esta equivalencia foi desbotada en 2012.Unha sentencia do Tribunal Supremo anulou a denominación de "Grao" para os estudos de "Conservación y Restauración de Bienes Culturales".
Asociacións profesionais en España Debido á inexistencia dun colexio oficial de conservadores-restauradores, teñen aparecido en todo o estado diversas asociacións de profesionais, principalmente de ámbito local. Con carácter estatal fundouse a ACRE en 2011. Galiza - Arcobéns Cataluña - Asturias - España - ACRE
Notas
Categoría:Conservación e restauración Categoría:Ocupacións