Bernasconi é un municipio da provincia da Pampa na Arxentina. A súa poboación é de 1781 habitantes.

Historia A zona habitábana orixinalmente indios pampas, arredor de 1880 comeza o asentamento de poboación de orixe europea procedente doutras zonas da Arxentina, aínda que 1888 é a data oficial da súa fundación. En 1891 chegou o ferrocarril á localidade, que viu amentar a súa poboación. En 1909 emigrou unha colonia xudía de 1400 persoas ao municipio. O municipio conta cunha emisora de radio de FM e en 1925 fundouse o primeiro semanario, La Voz del Sur. O instituto de educación secundaria data de 1960.

Neste municipio está a poboación de Cruz Colorada, onde residiu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao entre 1896 e 1900, pois seu pai rexentaba alí unha pulpería.

Categoría:Concellos de La Pampa