The Golden Compass é un filme británico-estadounidense dirixido por Chris Weitz que se estreou no 2007. Baséase na novela A aurora boreal de Philip Pullman.

Sinopse Historia dunha nena de 12 anos que fará unha longa viaxe para intentar salvar un amigo. No camiño atoparase con todo tipo de estrañas criaturas, meigas e outros personaxes dun universo paralelo. Neste singular mundo, onde as almas humanas toman a forma de compañeiros do reino animal, Lyra Belacqua (Dakota Blue Richards) é unha orfa rebelde que vive recluída en Jordan College na cidade de Oxford. Lyra pertence a un mundo que é un de moitos mundos paralelos que existen: mundos invisíbeis, dimensións intanxibles onde a humanidade se desenvolve con sutís diferenzas.

Personaxes Dakota Blue Richards como Lyra Belacqua Freddie Highmore como voz de Pantalaimon, dæmon de Lyra Nicole Kidman como Mrs. Coulter Daniel Craig como Lord Asriel Sam Elliott como Lee Scoresby Ian McKellen como voz de Iorek Byrnison, un panserbjørn Eva Green como Serafina Pekkala Ian McShane como voz Ragnar Sturlusson, rei dos panserbjørner Kathy Bates como voz de Hester, dæmon de Lee Scoresby Kristin Scott Thomas como Stelmaria, dæmon de Lord Asriel Ben Walker como Roger Parslow Jim Carter como John Faa Tom Courtenay como Farder Coram Christopher Lee como Primeiro gran conselleiro do Maxisterio Edward de Souza como Segundo gran conselleiro do Maxisterio Simon McBurney como Fra Pavel Jack Shepherd como Mestre do Jordan College. Magda Szubanski como Mrs. Lonsdale Derek Jacobi como Emisario do Maxisterio Clare Higgins como Ma Costa

Galardóns e nomeamentos 2007: Premios Oscar: Mellores efectos visuais. 2 nomeamentos. 2007: Premios BAFTA: Mellores efectos especiais visuais. 2007: 2 nomeamentos ós Critics' Choice Awards: Mellor actriz nova e filme familiar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Chris Weitz Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados en Budapest Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes sobre orfos