O Clan Leslie (en ) é un clan escocés das Terras Baixas.

Historia Orixes miniatura|230px|dereita|Mapa de Escocia amosando o distrito de Aberdeenshire, onde viviron os Leslie. miniatura|Castelo Leslie en 1989. O proxenitor do Clan Leslie era un home chamado Bartolf, que era un nobre de Hungría e chegou a Escocia en 1067.Way & Squire (1994), pp. 194-195 Bartolf pertencía supostamente ó séquito de Edgar Ætheling, irmán de Santa Margarida de Escocia, quen posteriormente sería raíña de Malcolm III de Escocia. Postriormente, casou coa irmá de Malcolm III, a princesa Beatriz de Escocia. De Bartolf dicíase que era un home espelido e valente, e como resultado diso, Malcolm III fíxoo gobernador do Castelo de Edimburgo e deulle terras en Fife, Angus, Mearns e Aberdeenshire. Bartolf axudou á raíña a cruzar a cabalo un río perigoso e foi cando Bartolf lle dixo o deu "grip fast" (agárrate axiña), que é de onde vén o lema do clan.

Bartolf estableceuse en Garioch, no distrito de Aberdeenshire, nun lugar coñecido como Lesselyn. En Lesselyn, construíu un castelo e o nome do lugar deveu en Lesley, o nome do clan. O fillo de Bartolf chamouse Malcolm e foi feito gardián do Castelo Inverury, que mantivo para David II de Escocia. O seu tataraneto foi Sir Norman Lesley, quen adquiriu as terras de Fythkill en Fife, que posteriormente foron chamadas Lesley arredor do 1282.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Clans escoceses

Categoría:Clans escoceses