O Cristo do Outeiro (en ) é unha xigantesca escultura, símbolo da cidade de Palencia, situada nun outeiro preto da cidade. A procesión vía-crucis da cidade de Palencia, de Interese Turístico Internacional, acaba no alto do outeiro onde se sitúa a escultura.
Descrición O Cristo (nomeado así polos palentinos) parece estar nunha posición para bendicir a cidade. Foi construído en 1931, de acordo co proxecto do escultor palentino Victorio Macho. O seu estilo recorda á ''Art déco.
Aínda que non hai datos oficiais, a información turística que dá a cidade de Palencia é que mide mais de 20 metros de altura, posicionándoo ao mesmo nivel que o Cristo do Río de Xaneiro. Hai moitas disputas sobre este dato, dado que as dúas están empatadas en altura segundo moitas plataformas.
O Cristo do Outeiro é a segunda escultura de Cristo máis grande de Europa, superada pola Estatua de Cristo Rei, en Polonia.
Categoría:Palencia Categoría:Estatuas