miniatura|dereita|Estrutura química do glicósido cardíaco oleandrina, no que a aglicona é o esteroide da dereita, o cal está unido a un residuo de azucre da esquerda. Unha aglicona ou xenina (tamén aglicón) en química orgánica, é a porción ou grupo non glicídico que forma parte dun glicósido. Tal como a define a IUPAC é o composto sen azucres que queda despois de substituír por un átomo de hidróxeno o grupo glicosilo dun glicósido.IUPAC Gold book - Aglycon (aglycone) Por exemplo, nos glicósidos cardíacos a aglicona é un esteroide.

A aglicona preséntase en forma dunha molécula pequena como un alcohol, fenolMerriam Webster Medical- aglycone ou un composto que conteña nitróxeno e xofre. A aglicona, determina a familia do glicósido e dálle a algunhas plantas o seu poder terapéutico. Clases de fitoquímicos que se atopan na aglicona e nos glicósidos son, por exemplo, os polifenois. Nas saponinas a aglicona denomínase sapoxenina.

Notas

IUPAC Compendium of Chemical Terminology 2nd Edition (1997) 1995, 67, 1312

Categoría:Química orgánica