O tileiro de folla grandeNome vulgar galego favorito en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002 (Tilia platyphyllos),o tileiro común, é unha especie arbórea pertencente á familia das tiliáceas, moi habitual nos bosques de Europa. En Galiza só aparece coma ornamental.
Descrición Árbore caducifolia de copa de forma piramidal, co toro de casca cinsenta, gretada lonxitudinalmente, e que pode acadar grande altura (uns 30m). Pólas e xemas de cor avermellada. Follas de 6–12 cm de lonxitude, de forma orbicular-ovada, dentada e punteadas, face verde botella e parte do envés algo esvaecido, rematan nun longo e evidente pico. Flores miúdas de 5 pétalos brancas ou amarelentas moi recendentes. Reúnense en feixes de entre 2 e 7 collidos por un longo rabiño que pendura dunha especie de folliña a xeito de lingüeta. Esta folliña (bráctea) é moi rechamangueira e característica, un tanto fibrosa e de cor verde pálida. Froito ovalado, moi viloso e con 5 costelas que resaltan, polo menos cando maduro. Contén de 1 a 2 sementes. Madura a finais do verán ou polo outono. A casca é cinsenta, lisa en exemplares novos e rachada ao longo nos máis idosos. Ramiñas de cor parda avermellada ou verdosas, ao principio e aveludadas. Florea a final de primavera e no verán. miniatura|260px|right|As flores son moi pequenas mais moi recendentes miniatura|260px|right|Follas e froitos de T. platyphyllos miniatura|260px|right|Casca en exemplar novo de T. platyphyllos
Citoloxía 2n=82 Tilia en Flora Ibérica
Hábitat Especie bastante esixente en humidade, pode medrar en solos calcarios ou silíceos. Chega a formar mouteiras monoespecíficas. fragas de abas rochosas, foces e cavorcos. Medra espallado nas fragas caducifolias onde adoita aparecer na compaña de carballos (caxigos, veriños etc), piñeiros, abeleiras, faias, pradairos, capudres e freixos.
Distribución Atópase espallado por gran parte de Europa, especialmente polo centro e sur, chegando até o oeste de Asia. Na Península Ibérica aparece nos Pireneos, no Cordal Cantábrico e no Sistema Ibérico. Non chega aos montes galegos.
Sinónimos Tilia officinarum Crantz Tilia platyphyllos subsp. platyphyllos Scop. Tilia platyphyllos var. grandibracteata Sennen Tilia platyphyllos var. longepedunculata Sennen Tilia valdepubens Sennen
Galería
Notas
Véxase tamén
Categoría:Tilia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Árbores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Europa