Mario Blanco Fuentes, nado en Cuntis o 18 de setembro de 1917 e finado na Estrada o 21 de outubro do 2000, foi un mestre, avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Mario Blanco Torres. Estudou o Bacharelato na Estrada. En 1937 incorporouse ao Exército durante a guerra civil. O rematar a guerra fíxose mestre e exerceu en Orazo e Baloira. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1948 e desenvolveu a súa actividade profesional como avogado na Estrada. Foi nomeado alcalde da Estrada o 1 de agosto de 1959 e cesou o 27 de febreiro de 1971. Foi deputado provincial entre 1960 e 1964. Finou na Estrada o 21 de outubro do 2000.

Recoñecementos

A biblioteca municipal da Estrada leva o seu nome. Vida persoal Foi sobriño de Roberto Blanco Torres e pai de Roberto Blanco Valdés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Mario Blanco Fuentes (1917-2000) Unha fotobiografía Alcaldes estradenses

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Cuntis Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2000