Miloš Teodosić, nado o 19 de marzo de 1987 en Valjevo, Serbia, é un xogador de baloncesto que xoga na demarcación de base cunha altura de 1,96 metros. Actualmento xoga para a Virtus Bologna da LBA, máxima categoría do baloncesto italiano.
Traxectoria Comezou xogando na elite no FMP Železnik e no Borac Čačak serbios. En 2007 ficha polo Olympiacos BC grego e en 2011 ficha polo CSKA Moscova tras ser nomeado pola FIBA Europa Mellor Xogador Europeo do 2010http://www.fibaeurope.com/coid_vMAHQxcGIiwdbDvyjcV560.articleMode_on.html.
Internacional Teodosić foi internacional cas categorías inferiores da Selección de Serbia cas que gañou a medalla de ouro nos Campionatos de Europa sub-16 en 2003, sub-18 en 2005 e sub-20 en 2007, campionato no cal foi nomeado MVP.
Na actualidade xoga no equipo absoluto co que xogou no Eurobasket 2007 e no Eurobasket 2009, onde o equipo chegou ata a final, onde perdeu ante España, sendo nomeado membro do quinteto ideal do torneo. Un momento importante foi no Mundial de Basket de Turquía 2010, cando en cuartos de final anotou a falta de tres segundos para o remate do encontro unha tripla que supuxo o pase dos serbios a semifinais.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigo en Solobasket.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Valjevo Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do KK Železnik Categoría:Xogadores do KK Borac Čačak Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Serbia Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto