Alfredo Álvarez Paredes, coñecido como Fredi, nado en Moaña o 27 de febreiro de 1976, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol galego. Desde 2024 adestra o Celta Fortuna.

Traxectoria Iniciada a tempada 2012/13 foi contratado pola SD Compostela, substituíndo a Anxo Casalderrey en outubro de 2012."Fredi apostará por el fútbol combinativo en el Compos". Tras ascender o equipo á Segunda B na tempada 2012/2013 e conseguir a permanencia na categoría na Segunda B 2013/14, a directiva da SD Compostela decidiu non renovalo no verán de 2014.

Ese mesmo verán fichou polo Celta de Vigo B de Segunda B. Na tempada 2015/16 fichou de novo pola SD Compostela, en Segunda B, nun intento de salvar o equipo do descenso. Os anos seguinte pasou por CD Boiro e CD Izarra, na mesma categoría.

No ano 2021 volveu fichar polo Celta de Vigo, incorporandose ás categorías base, debutando co Celta C Gran Peña de cara á tempada 2023/24 e substituíndo a finais desa mesma tempada a Claudio Giráldez á fronte do Celta de Vigo Fortuna ao facerse este cargo do primeiro equipo olívico.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Moaña Categoría:Futbolistas de Moaña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do Alondras CF Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores da SD Compostela Categoría:Adestradores do Alondras CF Categoría:Adestradores do Celta de Vigo B Categoría:Adestradores do CD Boiro Categoría:Adestradores do CD Izarra Categoría:Adestradores do Gran Peña