O monte Enxameado de 602 metros é o punto máis alto no concello de Curtis. Fai de fronteira e límite entre os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado ―parroquias de Curtis, San Vicenzo de Curtis e A Ciadella― e nel nace o río Cabalar.
No alto hai un vértice xeodésico e dúas antenas de telefonía móbil. Accédese pola estrada DP-3201, Curtis-Santaia.
Patrimonio En 1980 foron localizadas dúas mámoas no monte Enxameado. Unha a 20 metros do cumio e a outra a 250 metros.Felipe Criado Boado. Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes. Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 1980. Pax. 23.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Felipe Criado Boado. Catalogación de mámoas en los municipios de Curtis, Sobrado y tierras adyacentes. Separata de Brigantium, boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. 1980. 40 páxinas.
Ligazóns externas Recensión vértice xeodésico O Enxameado. Ministerio de Fomento (en PDF)
Enxameado, Monte Categoría:Curtis Categoría:Vilasantar Categoría:Sobrado