Microsoft SQL Server é un sistema para a xestión de bases de datos producido por Microsoft baseado no modelo relacional. As súas linguaxes para consultas son T-SQL e ANSI SQL. Microsoft SQL Server constitúe a alternativa de Microsoft a outros sistemas xestores de bases de datos como son Oracle, PostgreSQL ou MySQL (tamén de Oracle).
Características de Microsoft SQL Server + Historia de versións Nome da versión Ano Versión Nome clave SQL Server 1-0 1989 1.0(VOS/2) SQL SQL Server 4.21 1993 4.21(WinNT) SEQUEL SQL Server 6.0 1995 6.0 SQL95 SQL Server 6.5 1996 6.5 Hydra SQL Server 7.0 1998 7.0 Sphinx SQL Server 7.0OLAP Tools 1999 - Prato SQL Server 2000 2000 8.0 Shiloh SQL Server 200064-bit Edition 2003 8.0 Liberty SQL Server 2005 2005 9.0 Yukon SQL Server 2008 2008 10.0 Katmai SQL Server 2008 R2 2010 10.50 Kilimanjaro SQL Server 2012 2012 11.0 DenaliSQL Server 2014201412.0 -SQL Server 2016201713.0 -SQL Server 2017201714.0vNextSQL Server 2019201915.0SeattleSQL Server 2022202216.0Dallas Soporte de transaccións. Soporta procedementos almacenados. Inclúe tamén un contorna gráfica de administración, que permite o uso de comandos DDL e DML graficamente. Permite traballar en modo cliente-servidor, onde a información e datos alóxanse no servidor e os terminais ou clientes da rede só acceden á información. Ademais permite administrar información doutros servidores de datos.
É común desenvolver completos proxectos complementando Microsoft SQL Server e Microsoft Access a través dos chamados ADP (Access Data Project). Desta forma complétase a base de datos (Microsoft SQL Server), coa contorna de desenvolvemento (VBA Access), a través da implementación de aplicacións de dúas capas mediante o uso de formularios Windows.
No manexo de SQL mediante liñas de comando utilízase o SQLCMD.
Para o desenvolvemento de aplicacións máis complexas (tres ou máis capas), Microsoft SQL Server inclúe interfaces de acceso para varias plataformas de desenvolvemento, entre elas .NET, pero o servidor só está dispoñible para sistemas operativos.
Programación
T-SQL
Transact-SQL é o principal medio de interacción co Servidor. Permite realizar as operacións claves en SQL Server, incluíndo a creación e modificación de esquemas da base de datos, a introdución e edición dos datos na base de datos, así como a administración do servidor como tal. Isto realízase mediante o envío de sentenzas de T-SQL e declaracións que son procesadas polo servidor e os resultados (ou erros) regresan á aplicación cliente.
Cliente Nativo de SQL Cliente Nativo de SQL é a biblioteca de acceso a datos para os clientes de Microsoft SQL Server versión 2005 en diante. Implementa nativamente soporte para as características de SQL Server, incluíndo a execución da secuencia de datos tabular, soporte para bases de datos en espello de SQL Server, soporte completo para todos os tipos de datos compatibles con SQL Server, conxuntos de operacións asíncronas, as notificacións de consulta, soporte para cifrado, así como recibir varios conxuntos de resultados nunha soa sesión de base de datos. Cliente Nativo de SQL utilízase como extensión de SQL Server plug-ins para outras tecnoloxías de acceso de datos, incluíndo ADO ou OLE DB. Cliente Nativo de SQL pode tamén usarse directamente, pasando por alto as capas de acceso de datos.
Edicións Microsoft SQL Server está dispoñible en varias edicións, con distintas funcionalidades e condicións de uso segundo a licenza escollida.
Express: a edición máis básica e dispoñible de balde, pensada para uso en aplicacións pequenas de desenvolvedores independentes. Ademais, ten SQL Server Express LocalDB, que funciona en modo usuario e ten unha instalación sen configuración, para facilitar a distribución a equipos de escritorio do cliente final. Developer: licenza para desenvolvemento da edición Enterprise, pero licenciada só para uso sistemas de desenvolvemento ou probas, e non para uso en produción. Web: unha edición de baixo custo que prové escalabilidade e capacidades de xestión para sistemas web pequenos e medianos. Standard: xestión de datos e intelixencia de negocio para organizacións, e soporta ferramentas comúns de desenvolvemento para uso en equipos propios ou na nube. Enterprise: a edición máis cara, con soporte para virtualización ilimitada, un excelente rendemento e ferramentas de intelixencia de negocio, así como o mellor soporte para alta dispoñibilidade.
Véxase tamén Outros artigos MySQL
Ligazóns externas Páxina web de Microsoft SQL Server .
Categoría:Soporte lóxico de Microsoft