Etgar Keret (en hebreo אֶתְגָּר קֶרֶת), nado en Ramat Gan o 20 de agosto de 1967, é un escritor israelí, coñecido polos seus contos, novelas gráficas e guións para cine e televisión. O seu estilo literario caracterízase por ser simple e directo e o emprego de termos coloquiais e vulgares.

Traxectoria É o terceiro fillo de pais sobreviventes do Holocausto. Mora en Tel Aviv coa súa dona, Shira Geffen, e seu fillo Lev. É profesor na Universidade Ben-Gurion do Negev en Beer Sheva, e na Universidade de Tel Aviv.

O primeiro traballo publicado de Keret foi צינורות, "Tzinorot", en 1992, un conxunto de contos que non tivo repercusión no seu día. O seu segundo libro, Saudades de Kissinger (געגועיי לקיסינג'ר, "Ga'aguai le-Kissinger", 1994), outra serie de contos, foi o que captou a atención do público.

Keret foi coautor de varios cómics, entre eles לא באנו ליהנות, "Lo banu leihanot", 1996, canda Rutu Modan e סמטאות הזעם, "Simtaot Hazaam", 1997, con Asaf Hanuka. En 1999, cinco dos seus contos foron traducidos ao inglés, e adaptados a novelas gráficas baixo o título de Jetlag. Os ilustradores foron cinco membros do colectivo Actus Tragicus.

En 1998, Keret publicou O condutor de autobús que quería ser Deus (הקייטנה של קנלר, Ha-kaitanah Shel Kneller), unha colección de contos curtos. O conto do título, o maior da colección, relata a historia dun mozo que se mata e procura o amor na vida despois da morte. Este conto foi adaptado na novela gráfica Pizzeria Kamikaze (2006), de Asaf Hanuka. As últimas coleccións de contos de Keret son Anihu (אניהו, literalmente Eu son el, 2002) e Pitom Defikah Ba-delet (פתאום דפיקה בדלת).

Keret tamén escribiu un libro infantil, Dad Runs Away with the Circus (2004), ilustrado por Rutu Modan.

Keret publicou algúns dos seus traballos na páxina web en hebreo "Bimah Hadashah".

Cine, TV e radio Keret traballou no cine e televisión israelís, como pode ser en tres temporadas como guionista do popular programa de sketchs The Cameri Quintet. Tamén escribiu o guión para a película para TV de 2001 Aball'e, protagonizada por Shmil Ben Ari.

En 2006, Wristcutters: A Love Story, unha comedia negra ou de amor baseada na novela de Keret Kneller's Happy Campers, estreouse no Festival de Cinema de Sundance, adaptada polo cineasta Goran Dukić nun filme protagonizado por Patrick Fugit, Shannyn Sossamon, Tom Waits e Will Arnett.

Etgar e a súa muller Shira dirixiron no 2007 Jellyfish, baseado nun conto de Shira.

$9.99, unha película de animación, usando o stop motion, estreouse no 2009. Escrita por Keret e dirixida por Tatia Rosenthal, é unha coprodución australiana-israelí que presenta as voces de Geoffrey Rush, Anthony LaPaglia e outros actores australianos de renome.Etgar Keret - IMDb

En 2010 estreouse unha curtametraxe baseada nun conto de Keret, adaptado polo polaco Krzysztof Szot. O filme, Wyłączność, foi presentado no Festival de Cine de Cannes.

A obra de Keret é frecuentemente escoitada na National Public Radio, no programa This American Life, onde se deu lectura a oito dos seus contos.Etgar Keret | This American Life

En outubro de 2011, o programa Selected Shorts adicou un día a facer lecturas ao vivo de varios contos de Keret.Recent On-Air Episodes page on SelectedShorts.org O propio Keret introduciu varias das historias.PRI's Selected Shorts Presents "The World of Etgar Keret" (mp3 file)

En agosto de 2012, a curtametraxe "Glue" baseada no conto de Etgar Keret "Crazy Glue", participou no Festival de Cine Internacional de Rhode Island.

miniatura|200px|Autógrafo de Keret.

Premios Keret recibiu o premio literario do primeiro ministro, así como tamén o premio cinematográfico do ministerio de cultura. No 2006 foi escollido como artista destacado da prestixiosa Fundación de Excelencia Cultural Israelí.

En 1993 obtivo o primeiro premio do Festival de Teatro Alternativo de Akko por Entebbe: A Musical, que escribiu con Jonathan Bar Giora.

A curtametraxe Malka Lev Adom (1996), que Keret escribiu e dirixiu con Ran Tal, gañou un premio da Academia de Cine Israelí e o primeiro posto no Internationales Festival der Filmhochschulen München. O filme Jellyfish, recibiu a Caméra d'Or no Festival de Cannes 2007. Saudades de Kissinger gañou en 2008 JQ Wingate Prize.

Keret estivo no xurado no 2010 no Neustadt International Prize for Literature.Jury & candidates for 2010 Neustadt Prize , announced March 2009.

En 2010, Keret recebiu a distinción de Chevalier (cabaleiro) da Ordre des Arts et des Lettres francesa.

miniatura|Etgar Keret con Jonas Karlsson no 2009.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Etgar Keret - Páxina oficial Israel Cultural Excellence Foundation - Biografía Entrevista , The Observer, 13 de febreiro de 2005. Entrevista The Believer (abril 2006). Entrevista, Tikkun (setembro/outubro 2005). Conversación con Etgar Keret, Pandalous WWB entrevista a Etgar Keret en Tradition, Translation, and Alien Toasters, Words Without Borders "Second Chance" - conto en Guernica Magazine (xaneiro de 2010) Glue Páxina oficial da película.

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no Distrito de Tel Aviv Categoría:Escritores de Israel Categoría:Escritores en lingua hebrea