(nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía),John Warrack and Ewan West, 'Gheorghiu, Angela', The Concise Oxford Dictionary of Opera, Oxford University Press, 1996; Nicolas Slonimsky and Laura Diane Kuhn, Baker's Biographical Dictionary of Musicians, Gale Group, 2001, p. 1264; David M. Cummings, 'Gheorghiu, Angela', International Who's Who in Classical Music, Routledge, 2003, p.274 é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán e moitos outros teatros de ópera de Europa e dos Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Puccini, se ben é considerada, a raíz das súas interpretacións de La traviata, como unha das mellores Violetta do mundo.Angela Gheorghiu en laopera.net

Traxectoria Primeiros anos Gheorghiu naceu en 1965 en Adjud, unha pequena cidade na provincia romanesa de Moldavia a 300 km de Bucarest, filla dun maquinista ferroviario amante da música e dunha modista. Gheorghiu creceu nunha familia sen tradición musical e sen interese no canto, «nin sequera la la la», bromea agora. A relación co canto da soprano romanesa remóntase á súa primeira infancia, cando xa cantaba na escola infantil, sendo dende aquela cantante de ópera e estudante, Gheorghiu afirmaba nunha entrevista: «Son cantante dende que nacín».«Yo tengo el control en la ópera» ABC, 18 de maio de 2007 Cando era nena, o compositor e director de orquestra estadounidense Leonard Bernstein tiña un programa semanal na televisión romanesa, e o pai de Angela sintonizábao para velo coas súas dúas fillas, isto motivou que, xunto coa súa irmá máis nova Elena Dan, Angela cantase ópera dende moi nova, converténdose as dúas en pequenas celebridades na súa cidade natal, como indicou: «Eramos as divas da vila».Roberto Alagna – People Magazine, 21 de xuño de 1999Romania's divine diva has the voice of the age Gheorghiu cantou por primeira vez en público aos seis anos de idade, xunto a súa irmá Elena, un canto de berce de Brahms no Pazo da Cultura da súa localidade natal. O seu evidente talento levaríaa finalmente á capital romanesa aos 14 anos de idade para estudar no George Enescu Lyceum. 250px|miniatura|A Opera Națională Română din Cluj-Napoca, onde Gheorghiu realizou o seu debut operístico profesional en 1990.

Estudos e inicios como profesional Aos 14 anos, Gheorghiu comezou a estudar canto na Universitatea Națională de Muzică București (Universidade Nacional de Música de Bucarest), principalmente con Mia Barbu e con Arta Florescu. En 1990 graduouse como a primeira da súa especialidade cun grao de honra. A súa graduación seguiu ao derrocamento de Nicolae Ceaușescu o ano anterior, o que lle permitiu procurar unha carreira internacional inmediatamente. Se ben o seu debut profesional foi con 18 anos interpretando a Solveig en Peer Gynt de Edvard Grieg, o seu debut operístico profesional tivo lugar na Opera Națională Română din Cluj-Napoca (Ópera Nacional Romanesa Cluj-Napoca) encarnando a Mimì en La Bohème en 1990, e ese mesmo ano gañou a Belvedere International Competition.

Gheorghiu realizou o seu debut internacional en 1992 na Royal Opera House de Londres no papel de Zerlina en Don Giovanni. Ese mesmo ano debutou na Wiener Staatsoper no papel de Adina en L'elisir d'amore, e en 1993 fixo o seu debut na Metropolitan Opera de Nova York encarnando a Mimì en La Bohème, de Puccini. Ao ano seguinte, en 1994, debutou en La Monnaie de Bruxelas no papel de Micaëla na ópera de Bizet Carmen, nunha representación que atraeu o interese de críticos como Joel Kasow, da revista Opera News. Ese mesmo ano regresou á Royal Opera House para encarnar a Nina na ópera de Massenet Chérubin.Angela Gheorghiu Biography

Éxito internacional En 1994, foi escoitada por Sir Georg Solti para unha nova produción de La traviata que sería retransmitida pola BBC e gravada en directo por Decca. Durante un ensaio o propio Solti declarou:

O seu debut como Violetta no escenario londiniense levouna á fama internacional, os xornais e revistas anunciaron «Naceu unha estrela», e dende ese momento as súas aparicións nos teatros de ópera máis importantes do mundo non pararon de aumentar. En 1995 asinou o seu primeiro contrato en exclusiva con Decca, gravando para o selo británico numerosos CDs e DVDs. Porén, unha traxedia familiar chegaría pouco despois, cando en 1996 a súa irmá, a tamén soprano Elena Dan, morría a causa dun ataque ao corazón aos 30 anos de idade o mesmo ano no que Angela contraía matrimonio co tenor francés Roberto Alagna. Co seu marido formaría parella artística durante moito tempo, sendo considerados a «Parella de Ouro da Ópera».

En 1998 asinou o seu segundo contrato en exclusiva, desta vez con EMI Classics, e ao ano seguinte participou cun grande éxito no concerto «Michael Jackson and Friends» que se celebrou na cidade alemá de Múnic miniatura|295px|Roberto Alagna e Angela Gheroghiu en Cannes. En decembro de 2000, Gheorghiu interpretou o papel principal na película Tosca, dirixida por Benoit Jacquot, xunto con Roberto Alagna e Ruggero Raimondi.Tosca de Jacquot en Internet Movie Database Ao ano seguinte, en 2002, Gheorghiu interpretou a Xulieta na película Romeu e Xulieta, xunto a Roberto Alagna e Tito Beltrán, tamén realizada en DVD.Roméo et Juliette de Jacquot en Internet Movie Database

En 2003 debutou no papel de Nedda en Pagliacci e no de Marguerite en Faust. Gravou Tosca (tamén levada ao cine en 2001, dirixida polo director francés Benoît Jacquot) e Leonora en Il trovatore para EMI, e cantou por primeira vez o papel de Tosca na Royal Opera House en 2006, colleitando un grande éxito.

Gheorghiu participou en numerosos concertos, cantando en solitario ou con outros compañeiros. Entre algúns dos máis importantes, a reapertura da Royal Opera House Covent Garden (1999) e o Teatro Malibran de Venecia (2001), e a inauguración do Palau de les Arts Reina Sofía de Valencia en presenza da raíña española Sofía en 2005. Cantou tamén no «Prom at the Palace» en 2002, o evento que sinala o Xubileu da Raíña Isabel II, un concerto dispoñible en DVD. Tamén cantou na Gala do Xubileu da Raíña Beatriz en Ámsterdam (2005), no New Year's Eve Concert do Palais Garnier en París (2006), no «Met Summer Concert» en Prospect Park (Nova York, 2008), ou no concerto homenaxe a Luciano Pavarotti en Petra (2008). En 2009, Gheorghiu foi invitada para homenaxear a Grace Bumbry durante o 32º Kennedy Center Honors, en Washington, D.C.. No acto cantou «Vissi d'arte» da ópera de Puccini Tosca, en presenza do presidente dos Estados Unidos, Barack Obama.Torrance, Kelly Jane Kennedy Center honorees reflect America's diversity, The Washington Times, 7 de decembro de 2009

En novembro de 2010, Gheorghiu realizou o seu debut na ópera de Cilea Adriana Lecouvreur, unha nova produción da Royal Opera House, Covent Garden. The Observer escribiu:

Por outra banda, The Telegraph sinalou:

En xullo de 2011, Gheorghiu cantou o papel principal de Tosca na Royal Opera House baixo a dirección de Antonio Pappano, e o seguinte setembro regresou alí para a reposición de Faust, que foi retransmitida en directo en salas de cine de todo o mundo. En abril de 2012 debutou no Teatro Colón de Buenos Aires nun concerto de duetos con Roberto Alagna.Artigo no Bucharest Herald , 9 de abril de 2012.

En xuño de 2012, Gheorghiu celebrou os seus 20 anos dende o seu debut no escenario da Royal Opera House (Londres) nunha representación de La Bohème con Roberto Alagna. En xullo dese mesmo ano impartiu a súa primeira masterclass na Georg Solti Accademia de Castiglione della Pescaia, Italia. En novembro de 2012 regresou á San Francisco Opera para representar novamente Tosca, de Puccini. Nunha entrevista á revista austríaca Kurier en febreiro de 2014, Gheorghiu expresou o seu interese en representar o papel de Norma e de gravar o de Desdemona (Otello). O seu debut máis recente nun papel foi o de Charlotte en Werther de Massenet en marzo de 2015 na Wiener Staatsoper, cun grande éxito de crítica.

Premios e recoñecementos Gheorghiu ten gravado numerosos álbums de recitais e óperas completas, e ten aparecido en televisión e concertos. A gravación para EMI Classics do Manon de Jules Massenet con Gheorghiu no papel principal gañou un Premio Gramophone á «Mellor Gravación de Ópera», e foi nomeada ao Premio Grammy á «Mellor Gravación de Ópera» en 2002.2002 Grammy Nominees , Grammy Award Spotlight, CNN. Nota: os premios Grammy recoñecen os logros dos músicos no ano anterior.Paul Cutts Alagna scores second Gramophone Awards success, Gramophone, 19 de outubro de 2001. A gravación para EMI Classics de Tosca de Puccini con Gheorghiu, Roberto Alagna e Ruggero Raimondi nos papeis principais reportoulle o Deutscher Schallplattenpreis en 2002.Deutscher Schallplattenpreis Detalles sobre o premio

Tamén ten gañado o Diapason d'Or, o Choc du Monde de la Musique en Francia, o Cecilia Prize en Bélxica, o Premio Echo, o Musica e dischi en Italia, o Foreign Lyric Production Award e o USA Critics' Award. Gheorghiu gañou o título de Female Artist of the Year dos Classic Brit Awards en 2001 e 2010, e recibiu a Medaille Vermeille de la Ville de París, así como o nomeamento de Officier de l’Ordre des Arts et Lettres e Chevalier de l’Ordre des Arts et Lettres polo Ministerio de Cultura de Francia. En decembro de 2010, Gheorghiu foi nomeada Doutor Honoris Causa pola Universidade de Artes en Iasi (Romanía)Victoria Cantir Ziarul de Iasi, 07.12.2010 e obtivo tamén a Estrela de Romanía, o máis alto galardón entregado polo Presidente de Romanía.Monitorul Oficial , Decretul 921 din 27 septembrie 2010 privind conferirea Ordinului National Steaua Romaniei in grad de Comandor En outubro de 2012, Gheorghiu recibiu a condecoración real Nihil Sine Deo do rei Miguel I de Romanía, como recoñecemento á súa contribución para promover a cultura romanesa no mundo.

Controversias co Met e outros teatros 250px|miniatura|Gheorghiu mantivo unha difícil relación con diversos teatros, entre eles o Met. En ocasións, Gheorghiu tivo difíciles relacións cos xerentes e directores dos teatros de ópera. Algúns, mais non todos, destes conflitos xurdiron pola súa oposición aos directores que, como ela mesma sinalou nunha entrevista ao xornal español ABC «queren expresar as súas propias fantasías, esquecéndose das personaxes. Ás veces, o que se representa no escenario vai en contra da historia e da música»."que quiere expresar sus fantasías, olvidándose de los personajes. A veces, lo que se representa en el escenario va en contra de la historia y de la música." por Susana Gaviña, «Yo tengo el control en la ópera», ABC, 18 de maio de 2007. Consultado o 3 de xuño de 2008. Gheorghiu ten atribuído a súa franqueza á súa crianza en Romanía baixo o réxime totalitario de Nicolae Ceaușescu: