The Host (en , Goemul) é un filme surcoreano dirixido por Bong Joon-ho que se estreou no 2006. Estreouse en galego na TVG o 3 de marzo de 2009.

Sinopse Os habitantes de Seúl observan sorprendidos un estraño obxecto que pendura dunha ponte sobre o río Han. O obxecto é, en realidade, unha monstruosa criatura mutante que ó espertar devora a todo aquel que se cruza no seu camiño. No medio de tanto horror, a criatura mutante rapta á filla do dono dun quiosco que vive felizmente á beira do río. Mentres o exército fracasa unha e outra vez nos seus intentos de destruír ó monstro, o pai e a súa familia intentan recuperar á súa filla.

Personaxes

Song Kang-ho como Park Gang-du Byeon Hee-bong como Park Hee-bong Park Hae-il como Park Nam-il Bae Doona como Park Nam-joo Go Ah-sung como Park Hyun-seo Oh Dal-soo como Voz do monstro Lee Jae-eung como Se-jin Lee Dong-ho como Se-joo Yoon Je-moon como Home sen fogar Im Pil-sung como Nam-il Kim Roe-ha como Yellow 1 Park Roh-sik como Investigador policial Go Soo-hee como A enfermeira refén David Joseph Anselmo como Donald Scott Wilson como Militar de USA Paul Lazar como Doutor americano Brian Lee como Doutor surcoreano

Galardóns e nomeamentos 2006: Festival de Cine Fantástico de Sitges: Mellores efectos especiais.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Bong Joon-ho Categoría:Filmes rodados en Seúl Categoría:Filmes ambientados en 2000 Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes ambientados en 2006 Categoría:Filmes ambientados en Seúl Categoría:Filmes de 2006 con versión en galego