O 4 de xuño é o 155º día do ano do calendario gregoriano e o 156º nos anos bisestos. Quedan 210 días para finalizar o ano.
Acontecementos 1878 - O sultán de Turquía cede a posesión da illa de Chipre ó Reino Unido. 1937 - Picasso remata de pintar o Guernica. 1937 - Fusilados en Santiago de Compostela os republicanos de Negreira e Ames Jesús Lens Patiño, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Juan Barros Manteiga, Manuel Fagín Páramos, José María Nieto Crego e Alfredo Paz Lemus.
1940 - segunda guerra mundial: forzas alemás entran en París.
1944 - Tropas aliadas entran en Roma, primeira capital do Eixe en ser tomada. 1982 - Tropas israelís invaden O Líbano, e chegan até Beirut. 1989 - Masacre da praza de Tiananmen, Pequín (China).
Nacementos miniatura|100px|Alexandre Bóveda. 1806 - Agustín María Acevedo Rodríguez, médico e escritor galego (m. 1874). 1877 - Heinrich Otto Wieland, químico alemán. 1894 - Manuel Cao Turnes, dirixente societario e xornalista galego (m. 1952). 1903 - Alexandre Bóveda, intelectual galeguista. 1911 - Antonio Paz Míguez, escritor galego. 1916 - Antonio Gil Merino, historiador, arquiveiro e escritor galego. 1927 - Robert L. Carneiro, antropólogo estadounidense. 1929 - Karolos Papoulias, político grego. 1936 - Isaac Vila, político galego. 1962 - Trinidad Jiménez, política española. 1965 - Michael Doohan, piloto de motociclismo australiano. 1971 - Joseph Kabila, presidente da República Democrática do Congo. 1975 - Angelina Jolie, actriz estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Giacomo Casanova. 1798 - Giacomo Casanova, aventureiro e escritor italiano. 1919 - Augusto González Besada, avogado e político galego. 1941 - Guillerme II, derradeiro emperador de Alemaña. 1962 - William Beebe, naturalista, explorador e escritor estadounidense. 1971 - Gyorgy Lukács, filósofo marxista e crítico literario húngaro. 1972 - Ulpiano Piña, farmacéutico e político galego (n. 1885). 1987 - José María Suárez Núñez, médico e político galego (n. 1932). 1991 - José María Acuña López, escultor galego. 2012 - Eduard Khil, barítono ruso (n. 1934). 2017 - Juan Goytisolo, escritor catalán (n. 1931). 2018 - Benedicto García Villar, cantante galego (n. 1947). 2025 - Marc Garneau, astronauta canadense.
Festas e celebracións Día Internacional dos Nenos Vítimas Inocentes de Agresión
Outros Santoral: Santos Francisco Caracciolo e Noemí.
Os 366 días do ano
04