A Kanada-malja (en galego Copa Canadá), coñecido popularmente como "poika" (en galego fillo) é un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado cada ano en Finlandia ao campión dos play-offs da SM-liiga. O trofeo recibe o seu nome por ter sido doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950.
Historia O trofeo entregouse por primeira vez en 1951 ao Ilves de Tampere, e estaba formado por unha copa na súa parte superior sobre unha base de madeira. Ao final da tempada 1976-77 engadiuse a primeira capa de madeira adicional, mentres que a segunda foi engadida na tempada 2003-04. Cada ano engádese unha placa de prata co nome do equipo gañador ao trofeo.
En 1992 fíxose unha copia en prata da Kanada-malja e a orixinal foi entregada para exhibirse no Museo finlandés do hóckey sobre xeo, onde está exposta xunto con outros trofeos. Despois do último partido, o equipo campión dos play-offs é presentado co trofeo orixinal, mais pouco despois a copa volta ao museo e é substituída pola copia. O trofeo orixinal está feito de alpaca e a copia está feita completamente de prata.
Na tempada 2019-20 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs, polo que a Kanada-malja non foi entregada a ningún equipo ese ano. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación. O gañador da liga regular recibe o Harry Lindbladin muistopalkinto (en galego Trofeo Memorial Harry Lindblad), que non está considerado tan prestixioso como a Kanada-malja.
Palmarés
Ano 20px Campión 20px Prata 20px Bronce Campión da liga regularCampión da SM-sarja1951IlvesTarmoTBK1952IlvesHPKTarmo1953TBKTarmoTPS1954TBKK-KissatHPK1955TBKTPSHIFK1956TPSTarmoTappara1957IlvesTPSTappara1958IlvesTapparaTarmo1959TapparaTK-VHIFK1960IlvesTapparaTK-V1961TapparaLukkoTK-V1962IlvesTK-VTappara1963LukkoTapparaIlves1964TapparaTK-VIlves1965KarhutIlvesLukko1966IlvesLukkoSaiPa1967RU-38TPSIlves1968KOOVEEIlvesTuTo1969HIFKIlvesLukko1970HIFKIlvesTuTo1971ÄssätJokeritHIFK1972IlvesHJKHIFK1973JokeritHIFKTappara1974HIFKTapparaIlves1975TapparaHIFKIlvesCampión da SM-liiga1976TPSTapparaÄssätTPS1977TapparaTPSKOOVEETappara1978ÄssätTapparaTPSTappara1979TapparaÄssätTPSÄssät1980HIFKÄssätKärpätTPS1981KärpätTapparaTPSTappara1982TapparaTPSHIFKTPS1983HIFKJokeritIlvesJokerit1984TapparaÄssätKärpätTappara1985IlvesTPSKärpätTPS1986TapparaHIFKKärpätTappara1987TapparaKärpätHIFKKärpät1988TapparaLukkoHIFKIlves1989TPSJyP HTIlvesTPS1990TPSIlvesTapparaTPS1991TPSKalPaHPKTPS1992JokeritJyP HTHIFKJyP HT1993TPSHPKJyP HTTPS1994JokeritTPSLukkoTPS1995TPSJokeritÄssätJokerit1996JokeritTPSLukkoJokerit1997JokeritTPSHPKJokerit1998HIFKIlvesJokeritTPS1999TPSHIFKHPKTPS2000TPSJokeritHPKTPS2001TPSTapparaIlvesJokerit2002JokeritTapparaHPKTappara2003TapparaKärpätHPKHPK2004KärpätTPSHIFKTPS2005KärpätJokeritHPKKärpät2006HPKÄssätKärpätKärpät2007KärpätJokeritHPKKärpät2008KärpätBluesTapparaKärpät2009JYPKärpätKalPaJYP2010TPSHPKJYPJYP2011HIFKBluesLukkoJYP2012JYPPelicansJokeritKalPa2013ÄssätTapparaJYPJokeritCampión da Liiga2014KärpätTapparaLukkoKärpät2015KärpätTapparaJYPKärpät2016TapparaHIFKKärpätHIFK2017TapparaKalPaJYPTappara2018KärpätTapparaHIFKKärpät2019HPKKärpätTapparaKärpät2020Non entregado2021LukkoTPSHIFKLukko 2022TapparaTPSIlvesTappara 2023TapparaPelicansIlvesTappara 2024TapparaPelicansKärpätTappara 2025KalPaSaiPaIlvesLukko
Casificación de equipos Equipo 20px Campión 20px Prata 20px Bronce Último campionato Tappara 17 13 7 2024 Ilves 16 9 15 1985 TPS 11 12 4 2010 Kärpät 8 4 6 2018 HIFK 7 5 11 2011 Jokerit 6 6 2 2002 Ässät 3 4 2 2013 TBK 1 0 5 1955 HPK 2 3 9 2019 Lukko 2 3 6 2021 JYP 2 2 5 2012 KOOVEE 1 3 3 1968 Karhut 1 0 0 1965 RU-38 1 0 0 1967 KalPa 1 2 1 2025
Notas
Véxase tamén Outros artigos Trofeos da SM-liiga
Categoría:Trofeos da SM-liiga