José Manuel Vila Pérez, nado en Malpica de Bergantiños en 1958 e finado no mesmo concello o 14 de febreiro de 2011, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Foi secretario da Confraría de Pescadores de Malpica. Foi concelleiro de Malpica de Bergantiños polo PPdeG dende as eleccións municipais de 1987. Foi deputado do Parlamento de Galicia (1989-2001). En 2003 formou unha agrupación independente (Agrupación Vecinal de Electores AVE) coa que conseguiu catro concelleiros, os mesmos que o PSOE, con quen gobernou en coalición. En 2007 volveu a liderar a agrupación independente, logrando 3 concelleiros e pasando á oposición. A principios de 2009 ata o PPdeG recuperouno para presidir a xestora local, sendo elixido candidato á alcaldía para as municipais de 2011, porén faleceu o 14 de febreiro de 2011. No seu lugar encabezou a candidatura Eduardo Parga Veiga e logrou a vitoria e a alcaldía.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Malpica de Bergantiños

Ligazóns externas Fallece José Manuel Vila Pérez, el candidato del PP a la Alcaldía de Malpica

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1958 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia