As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013Twelve sites added to UNESCO’s World Biosphere Reserve Network na web oficial da Unesco (en inglés), que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoasAprobada a resolución da Candidatura a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na web da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos.
Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.
Xeografía miniatura|dereita|A bacía do río Mero (azul escuro) no conxunto das bacías do Arco ÁrtabroA reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m).
A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de GaliciaCandidatura a reserva de biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Documentos para debate (en castelán). Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos:
Na comarca da Coruña: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Na comarca de Betanzos: Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza Cesuras e Paderne. Na comarca da Terra de Melide: Sobrado.
Demografía Segundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km². Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito da reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km²) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km²). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas: Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral. Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza Cesuras, Paderne e Sobrado.
Espazos protexidos Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000. Conta cos ZECs de Betanzos - Mandeo, o Encoro de Abegondo - Cecebre, a Costa de Dexo (tamén declarada monumento natural) e tamén o tramo arteixán da Costa da Morte. Ademais, conta coas novas propostas LIC na rede do esteiro do río Baxoi, as brañas do Deo a Serra da Cova da Serpe.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga (2014): Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Guía de recursos para o profesorado . Oleiros: CEIDA. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Consultado o 16 de maio de 2014.
Outros artigos Reserva da biosfera Área de Allariz
Ligazóns externas Reserva de Biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" . Blog oficial da reserva. Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na web da UNESCO (en inglés) Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ficha da reserva na web da Red Española de Reservas de la Biosfera (en castelán). Propuesta de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo Documento oficial da candidatura (en castelán) Candidatura a reserva de biosfera "Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo". Documentos para debate. Documento da proposta oficial da candidatura (en castelán) Expediente sobre a designación como reserva da biosfera (PDF) Vídeo da candidatura Vídeo: reportaxe da TVG sobre a candidatura da reserva Vídeos das reservas da biosfera designadas en 2013, na páxina web da UNESCO
Categoría:Reservas da biosfera de Galicia Categoría:Río Mandeo