Daniel Lewis Majerle, nado o 9 de setembro de 1965 en Traverse City, Míchigan, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que xogou na National Basketball Association (NBA) dende 1988 até 2002. Xogaba nas posicións de escolta e aleiro.
Traxectoria Xogador Majerle foi seleccionado na 14ª posición do Draft da NBA de 1988 polos Phoenix Suns. Xogou 14 anos na NBA, maiormente nos Phoenix Suns, e tamén nos Miami Heat e os Cleveland Cavaliers. Foi elixido tres veces para xogar o NBA All-Star Game, en 1992, 1993 e 1995.
Gañou a medalla de bronce coa selección dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1988, e a medalla de ouro no Campionato do Mundo da FIBA de 1994.
Adestrador Majerle foi adestrador asistente dos Phoenix Suns de 2008 a 2013. O 15 de marzo de 2013, anunciouse que Majerle ía adestrar á Grand Canyon University na súa primeira tempada coma equipo da Division I da NCAA.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas de Dan Majerle
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Adestradores asistentes dos Phoenix Suns Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1988 Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Traverse City, Míchigan Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988