José Ramón Ulloa Pimentel, nado en Lalín en 1805 e finado en Santiago de Compostela en 1876, foi un político galego.
Traxectoria Irmán de Juan Ramón Ulloa Pimentel. Estudou Leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela (1820-1824). Foi alcalde de Lalín (1835), Comandante da Milicia Nacional, promotor fiscal e xuíz de primeira instancia de Lalín, Vigo, Santiago, Ourense, Pontevedra, Alacant, Huelva e Santander. Foi deputado a Cortes por Pontevedra en 1843. Nas eleccións a Cortes de decembro de 1846 foi candidato polo distrito de Prado fronte a Benito Espinosa Varela, pero non resultou elixido.El Español, 13-12-1846, p. 5.El Español, 20-12-1846, p. 2. Presidiu a Deputación de Pontevedra e foi gobernador da provincia de Pontevedra. Casou con Cayetana García-Barros Regueiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Vidal, Neira (10/8/2014). "José Ulloa Pimentel" Faro de Vigo . Los Ulloa de San Pedro de Orazo (A Estrada, Pontevedra) Confraría da Peregrina
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Pontevedra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1805 Categoría:Finados en 1876 Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra