Explosions in the Sky é unha banda estadounidense de post-rock formada en Austin, Texas en 1999. O grupo é un cuarteto composto polo batería Chris Hrasky e os guitarristas/teclistas Michael James, Munaf Rayani e Mark Smith. A banda tocou orixinalmente co nome Breaker Morant. Principalmente tocan con tres guitarras eléctricas e unha batería, aínda que Michael James cambia ás veces a súa guitarra por un baixo, tocando tamén os tres guitarristas teclados e sintetizadores. A a banda engadiu un quinto membro para as súas actuacións ao vivo, peirncipalmente para engargarse das partes de baixo e teclados. A súa música é case enteiramente instrumental.
O grupo gañou popularidade máis alá da escena post-rock polos seus elaborados traballos de guitarras, polo seu estilo narrativo instrumental, que eles chaman "mini-sinfonías catárticas", e polos seus entusiastas e emocionantes concertos.
Discografía Álbum Ano Selo How Strange, Innocence 2000 Sad Loud America Those Who Tell the Truth Shall Die, Those Who Tell the Truth Shall Live Forever 2001 Temporary Residence Limited The Earth Is Not a Cold Dead Place 2003 Temporary Residence Limited The Rescue 2005 Temporary Residence Limited All of a Sudden I Miss Everyone 2007 Temporary Residence Limited Take Care, Take Care, Take Care 2011 Temporary Residence Limited The Wilderness 2016 Temporary Residence Limited End 2023 Temporary Residence Limited
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Notas
Categoría:Grupos musicais de Austin, Texas Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1999