Raspberry Pi é unha placa computadora (SBC) de baixo custo desenvolvida no Reino Unido pola Fundación Raspberry Pi co obxectivo de estimular a ensinanza de ciencias da computación nas escolas.
Descrición miniatura|esquerda|Caixa Raspberry Pi e placa montada en pezas Lego. O deseño inclúe un system-on-a-chip Broadcom BCM2835, que contén un procesador central (CPU) ARM1176JZF-S a 700 MHz (o firmware inclúe uns modos “Turbo” para que o usuario poida facerlle overclock de ata 1 XHz sen perder a garantía), un procesador gráfico (GPU) VideoCore IV e 512 MB de memoria RAM (aínda que orixinalmente cando foi lanzado eran 256 MB). O deseño non inclúe un disco duro ou unha unidade de estado sólido, xa que utiliza unha tarxeta SD para o almacenamento permanente; tampouco inclúe fonte de alimentación ou carcasa. O modelo B véndese a 35 dólares estadounidenses e o modelo A a 25 dólares estadounidenses. O 29 de febreiro de 2012 a fundación comezou a aceptar ordes de compra do modelo B, e o 4 de febreiro de 2013 do modelo A.Raspberry Pi: We are LiveRichard Lawler, 29 de febreiro de 2012, Raspberry Pi credit-card sized Linux PCs are on sale now, $25 Model A gets a RAM bump, Engadget
A fundación dá soporte para as descargas das distribucións para arquitectura ARM, Raspbian (derivada de Debian), RISC OS 5 e Arch Linux; e promove principalmente a aprendizaxe da linguaxe de programación Python, e outras linguaxes como Tiny BASIC, C e Perl.
Especificacións técnicas As placas inclúen tódolos portos de conexión necesarios para empregar periféricos: pantalla, teclado ou altofalantes.
Modelo A Modelo B Modelo B+ Prezos 25 US$35 US$ System on a chip (SoC) Broadcom BCM2835 (CPU, GPU, DSP, SDRAM, e un só porto USB) CPU 700 MHz ARM1176JZF-S núcleo familia (ARM11) GPU Broadcom VideoCore IV Memoria (SDRAM)256 MB (compartida con GPU)512 MB (compartida con GPU) dende 15 de outubro de 2012 Portos USB 2.0 1 (directo dende chip BCM2835) 2 (vía 3-portos USB hub integrado) 4 (vía 5-portos USB hub) Entrada de vídeoA Camera interface (CSI) entrada do conector permite conexión de RPF (módulo cámara) Saídas de vídeo RCA (PAL e NTSC), HDMI (rev 1.3 & 1.4), raw LCD Paneis vía Display Serial Interface (DSI) 14 HDMI resolucións dende 640×350 a 1920×1200 estándares PAL e NTSC Saídas de son3,5 mm jack, HDMI Almacenaxe na placa SD / MMC / SDIO card slot (só tarxetas de 3,3 V) Micro SD Conexións a redes Non10/100 Ethernet (8P8C) vía USB Periféricos de baixo nivel 8 × GPIO,Pódense usar máis GPIO se non se utilizan os periféricos de baixo nivel. UART, I²C bus, SPI bus con dous chip selects, I²S sonDesde o lanzamento da revisión 2 do modelo. +3,3 V, +5 V, terra Enerxía 300 mA (1,5 W) 700 mA (3,5 W)600 mA (3.0 W) Fontes 5 voltios vía MicroUSB ou GPIO Medidas 85,60 × 53,98 mm Peso 45 g Sistemas operativos Arch Linux ARM, Debian Linux, Fedora, FreeBSD, Plan 9, Raspbian OS, RISC OS, Slackware Linux
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arduino Wiring Processing Fritzing
Categoría:Microprocesadores Categoría:Sistemas integrados Categoría:Microcomputadoras