Xosé Ramón Fandiño Veiga, nado en Santiago de Compostela o 11 de xaneiro de 1946, é un escritor e editor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no Instituto Galego de Información do Grupo Sargadelos. Foi coordinador da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Colaborou na Radio Galega e foi guionista para televisión. Recibiu o Premio de Xornalismo V Centenario da Universidade de Santiago polo programa radiofónico Galicia Universitaria na Radio Galega (1994-1995). Participou en varios proxectos do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago e da Xunta de Galicia, como o comisariado da exposición itinerante dedicada a Castelao no 2011 con motivo do 125 aniversario do seu nacemento e da exposición Ao pé do prelo. Luís Seoane, editor y artista gráfico (2010). Durante dez anos foi colaborador de Isaac Díaz Pardo no Instituto Galego de Información. Sobre el comisariou a exposición Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela (2018).

Ten colaborado en Tempos Novos, A Trabe de Ouro, Adral, Raigame...

É membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, do Pedrón de Ouro, da Asociación de Tradutores en Lingua Galega, secretario do Club Nacionalista Alén-Nós e colaborador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, englobado no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Obra en galego

Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso (2020). Concello de Santiago de Compostela. Memoria do vivido (2026). Santiago: Alvarellos. 268 páxs. ISBN 978-84-18567-96-4.

Traducións A catedral de Santiago e o Barroco (1990). COAG. O patrimonio histórico da Universidade (1996). Dolores Vila Jato, coord. Parlamento de Galicia. Historia da Universidade de Santiago de Compostela (1998)

Obras colectivas Historia de Galiza (1981). Alhambra. Anacos da vida dunha muller galega (2003). Ediciós do Castro.

Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo.Imaxe da portada "Camilo Díaz Baliño ao pé do prelo e do taller de escenografía da casa da Tumbona", en Repensar Galicia, 2017, Xunta. Foron por elas, mulleres represaliadas polo franquismo (2022). Sermos Galiza.

Obra en castelán Traducións Los prisioneiros, de Rubem Fonseca. Lucía Mc Cartney, de Rubem Fonseca.

Guionista de series TV

Ayer (serie de programas monográficos sobre a cultura galega emitidos por TVE-2 en 1987) Gallaecia Fulget (serie conmemorativa da celebración do V Centenario da Universidade de Santiago emitida pola TVG) Memoria con figuras (recreación de personaxes de orixe galega que destacaron na política, nas artes ou nas letras fóra de Galicia. Serie dirixida polo catedrático Ramón Villares para a TVG.

Notas

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1946 Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Tradutores ao castelán