miniatura|Xoán o Bautista.
Xoán é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יוחנן (Yôḥānnān), que quere dicir 'o fidel a Deus'. En galego tamén ten as variantes Xohán e XanEn Dicionario de Dicionarios da Universidade de Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xan&tipo_busca=lemaFERRO RUIBAL, Xesús (dir.) (1992) : Diccionario de nomes galegos. Vigo: Ir Indo, p. 549. e os hipocorísticos Nucho e Xaíño.
En xaneiro de 2023 existían 594 varóns en Galicia co nome Xoán, cunha media de idade de 18,7 anos,Nome Xoán na Web do Instituto Galego de Estatística e 214 co nome Xan, cunha media de idade de 14,6 anos.Nome Xan na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Xohán.
Historia do nome Do hebraico orixinario pasou a outras linguas. Ιωάννης (Ioannis) é a versión de Yôḥānnān que pasou ao grego. De aí evolucionou até chegar ao galego-portugués: Iohanne > Johan e de aí ao galego moderno Xoham > Xoán. Xan era un diminutivo común en Galiza como queda reflictido na toponimia (A Costa de Xan (en Fene), Xan Amigo (en Sada), Xan Xordo (en Santiago de Compostela) ou Xan de Abaixo (en Ribadeo) e na literatura oral: ser un Xan, sen un Xan entre elas, Xan de Outeiro, Xan da bota.Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
O patronímico de Xoán ou Iohan deu en Galiza Iohannis: 1177:Pedro Iohannis, usado como xenitivo, formaranse despois varios resultados diferentes: Anes (1262: Pedre Anes; 1454: Maria Anes), Eans, Eanes, Enes, Ennes, Ianes, Yanes (1385: Afonso Yanes Traveso; 1273: Eldora Yanes, que en 1276 aparece como Eldora Eanes; 1275: Laurenço Ianes d'Ourense; 1396: Eynes Ianes), Oanes (1082: Tota Joanis; 1272: Migael Joanes; 1279: Gonzaluo Oanes). Hoxe é común o castelanizado: Yáñez ('fillo de Xoán o Iohan'). En inglés é Johnson ('fillo de John') e Evanson ou Evans ('fillo de Ewan').
Un nome equivalente a Xoán é Iván, que vén da versión rusa do nome, e que transliterado conserva maior semellanza coa grafía antiga.
No galego antigo aparece grafado de diferentes xeitos, sendo os máis comúns: Iohan e Johan: 1248: Iohannes Chascus; 1258: Iohanne Albo; 1268: Johanne Topete; 1285: Iohan do Frade; 1294: Johan Casado; 1296: Jhoâ Alegre; 1306: Johan Sennor; 1364: Johan de Novoa; 1419: Iohan Sutil1; 1420: Juan Agulla; 1430: Iohan Seoane; 1433: Johan Leal; 1454: Johan Tomé; 1454: Johan da Ynsoa; 1468: Iohan Feixoo; 1485:Juan Tato; S. XV: Johan Cabaneiro; 1500: Juan de Saas.
Xoán e Xoana eran dos nomes máis comúns en Galiza dende a Idade Media. Manuel Ferreiro, a partir dos padróns da cidade de Ourense, acha que no século XV, Xoán (Johan) estaba entre os trece nomes persoais máis utilizados. A partir do século XV xa existe un maior influxo castelán (nos padróns dos anos 1483, 1487 e 1490 hai unha clara preponderancia do nome Juan fronte Johan, no que tamén interfire o feito de que o primoxénito dos Reis Católicos foi o príncipe Juan). Porén o diminutivo familiar de Xan (antes Jan) conservouse até o século XX.
A forma Xohán, foi moi usada por moitos intelectuais galegos dende o Rexurdimento.
Usos e variantes O alcume Xan era moi usado. Nos documentos e dicionarios galegos do século XIX e anteriores aparece grafado coma Jan, Jhan ou Jânhttp://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=JAN&tipo_busca=lema. Martín Sarmiento xa falaba tamén de Jan, referíndose á toponimia, concretamente a un padroeiro de Figueirido: Jâm de Figueyrido. Jàn, de Joannes. Figueyrido (San Andrés de) es feligresía una legua al medio día de Pontevedra, junto a Vilaboa.
Coloquialmente dise que un xan é unha persoa boa e inocente ou infeliz. Un Xan, un Xan da cona ou un Xan de elas: coloquialmente é o home dominado pola mullerConstantino García González: Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27, 1985. Xan tamén é o nome familiar que dan á raposa nos contos dos vellos. Nalgúns lugares ao loboX. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): ‘’Vocabulario popular castelán-galego’’ (publicado por entregas en El Pueblo Gallego). Xan da bota: lucecú . Xan d’Arzúa: boneco de palla que era levado polos propietarios das buxarías, dacabalo dun boi atado polos cornos na fronte da procesión do Corpus Christi.Leandro Carré Alvarellos: Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, 1979.
En xeral, San Xoán é un topónimo común en Galiza (véxase San Xoán). San Xoán é tamén o mes de xuño, en honra á noite de San Xoán:
Fogos de San Xoán: lumes, foguetes e cacharelas que se preparan na noite de San Xoán. Herbas de San Xoán: herbas e plantas recendentes que se poñen en auga na véspera de san Xoán para, ao outro día, a modo de rito, lavarse con esa auga. En especial hai unha especie que recibe o nome de herba de San Xoán. Martín Sarmiento fala dela: herba de San Joan, chaman así cara Baiona á artemisa menor ou matricaria ou herba de Santa María (herba de Nosa Señora), que ten folliñas coma as do pirixel. Martín Sarmiento (1754-1758): Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1986). Marcial Valladares Núñez en 1884 no seu Diccionario gallego-castellano, fala de dúas especies que reciben este nome: Hypericum quadrangulum e Hypericum perforatum . Esta última, tamén chamada abeluria semella a que máis veces se denomina herba de San Xoán. Tamén a herba das feridas ( Prunella vulgaris e Tanacetum parthenium (L.) Schultz) reciben este nome. Carrascas de San Xoán: Diotis candidissima. Planta de raíz e flores amarelas, cuberta dunha borra abrancazada, florece de xuño a agosto nos areais da Lanzada.Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar. Tamén reciben este nome Helichrysum italicum (Roth) G. Don fil.; Helichrysum stoechas (L.) Moench; e Otanthus maritimus (L.) Hoffm. et Link. Xoaniña: chaman así tamén á maruxiña: insecto da familia dos coccinélidos (Coccinella septempunctata), de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntos negros.
Refraneiro Eligio Rivas QuintasFrampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca, 1978 di que Xoán é un nome moi socorrido no folclore galego.
A auga de San Xoán, leva o viño e non deixa pan.L. Pensado Tomé 1974, pp. 241-267. A agoa de San Joan, levó viño e non deyxó pan. Cásate, Xan, en domingo:/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás/ para manter a túa noiva.Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar, 1884. Cásate, Jan, en domingo:/ estarás lunes de voda/ e martes traballarás/ para mante-l-a tua nóvia. Janeiro giadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Joan caloroso, que fai o ano formosoJuan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudos Ourensáns, Ourense 1979).. Lus e martes son dous días,/ cuarta e quinta xa o saberás,/ venres non comerás carne/ e sábado ir á montería e Domingo á Misa,/ esa é a vida de Xan. Lus marcha, martes chega,/ cuarta aguza, quinta talla,/ sesta carga e sábado chega/ meu primo Xan cun carro de leña.http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xan&tipo_busca=lema Marzo espigarzo, abril penderil, en maio granado, en San Joan segado. Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Joan segado, Santa Mariña a airiña. O que paga a Xan e debe a Andres, ten que pagar outra vez O que paga á Jan e debe á Andres, tèn que pagar outra ves. San Xoan craro coma ollo de galo (referíndose a que polo mes de xuño adoita ir bo tempo) Tres Jàs e un Pedro fan estar o burro quedoJuan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudos Ourensáns, Ourense , 1979).
Santoral 31 de xaneiro: San Xoán Bosco. 4 de febreiro: San Xoán de Brito. 4 de febreiro: Santa Xoana de Valois. 8 de marzo: San Xoán de Deus. 16 de maio: San Xoán Nepomuceno. 30 de maio: Santa Xoana de Valois. 12 de xuño: San Xoán de Sahagún. 24 de xuño: Xoán o Bautista. 29 de agosto: San Xoán degolado ou Martirio de San Xoán Bautista. 13 de setembro: San Xoán Crisóstomo. 23 de outubro: San Xoán de Capistrano. 4 de decembro: San Xoán Damasceno. 14 de decembro: San Xoán da Cruz. 27 de decembro: San Xoán Evanxelista.
Personaxes Célebres a nivel mundial O apóstolo Xoán, xeralmente identificado con Xoán Evanxelista, a quen se lle atribúe o Evanxeo de Xoán, as epístolas de Xoán e a Apocalipse. Xoán Bautista, curmán de Xesús. Xoán Crisóstomo (347-407), arcebispo de Costantinopla. Xoán Casiano (c. 360-433). Xoán I, papa (ca. 470-526). Xoán Clímaco (ca. 579-649), monxe e escritor grego. Xoán Damasceno (ca. 676-749), padre da Igrexa. Xoán Gualberto (ca. 995-1073) abade italiano. Xoán de Mata (1160-1213), teólogo provenzal, fundador da Orde da Santísima Trindade (Trinitarios). Xoán Nepomuceno (Jan Nepomucký, ca. 1330 ó 1340 - 1393), sacerdote bohemio, confesor da raíña Xoana. Xoán Capistrano (1382-1456), gobernador de Perugia, sacerdote franciscano e inquisidor italiano. Xoán de Cancio, Xoán de Kenty ou Xoán de Kety (1397-1473), sacerdote e teólogo polaco. Xoán de Sahagún (1430-1479), sacerdote e predicador leonés. Xoán Fisher (1469-1535), cardeal humanista inglés. Xoán de Deus (João Ciudad, 1495-1550), soldado portugués. Logo de oír a predicación de San Xoán de Ávila, converteuse, ordenouse sacerdote e fundou a orde dos Irmáns Trinitarios de San Xoán de Deus. Xoán de Ávila (1500-1569), sacerdote e teólogo castelán. Predicou diante de quen máis tarde sería chamado San Xoán de Deus, e foi mestre de San Xoán da Cruz. Xoán Diego Cuauhtlatoatzin ou Xoán Diego, primeiro santo indíxena de América Latina (9 de decembro de 1474 - 30 de maio de 1548) quen, segundo a tradición católica en México, presenciou a aparición da Virxe de Guadalupe en 1531. Foi canonizado en 2002 por el papa Xoán Paulo II. Xoán de Ribera (1532-1611), arcebispo de Valencia e patriarca de Antioquía. Juan de Yepes Álvarez, chamado Xoán da Cruz, 1542-1591) escritor e relixioso español. Xoán Sarkander, sacerdote moravo. Xoán Francisco Regis (1579-1640), misioneiro xesuíta francés. Xoán Ogilvie (1580-1615), xesuíta escocés. Xoán de Brébeuf (1579-1640), misioneiro xesuíta francés. Xoán Berchmans (1599-1621), novizo xesuíta flamengo. Xoán Eudes (1601-1680), misioneiro francés. Xoán de Lalande (1615-1646), misioneiro xesuíta francés. Xoán Bautista de la Salle (San Xoán Bautista de la Salle, 1651-1719) relixioso e pedagogo francés. Xoán María Vianney (1786-1859), párroco francés. Xoán Neumann (1811-1860), bispo de Filadelfia, Estados Unidos. Xoán Bosco (Giovanni Melchior Bosco, 1815-1888), sacerdote italiano.
Galegos Ánxel Johán, Lugo, 1901, foi un escritor e pintor galego; Xoán Babarro, Zorelle, Maceda, 1947, é un escritor e lingüista galego; Xan Balboa, Lugo, 1938, foi un restaurador e ilustrador galego; Darío Xohán Cabana Yanes, Roás, 1952, é un escritor galego; Xoán Bascuas, Rüsselsheim (Hessen, Alemaña), 1971, é un político galego; Johan de Cangas (Xohán de Cangas), O Morrazo, século XIV, xograr galego; Xohán Casal, A Coruña, 1935, foi un escritor galego; Xoán Cuveiro Piñol, A Coruña, 1821, foi un lingüista e escritor galego; Xoán Davila, Tui, 1610, escultor galego renacentista. Xohán Xesús González, Cequeril (Cuntis), mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego; Xoán Hermida, Pontevedra, 1965, historiador, activista e político galego; Xohán Ledo, Ferrol, 1917 e finado en Vigo en 2006, foi un médico e ilustrador galego; Xoán Neira Cancela , militar, escritor e xornalista galego; Xoán Neira López , escritor galego; Xoán Manuel Pintos Villar, O Burgo (Pontevedra), 1811, foi un escritor galego;