miniatura|300px|Monumento a Eugenio D'Ors, en Madrid, fronte ao Museo do Prado. Cristino Gómez González, nado en Tui o 23 de agosto de 1905 e finado en Madrid o 11 de xaneiro de 1989, foi un escultor galego, coñecido artisticamente como Cristino Mallo.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de artistas. Usou como nome artístico o segundo apelido do seu pai, Justo Gómez Mallo, ao igual cá súa irmá máis vella, a pintora Maruxa MalloBiografía en Fundación Mapfre ..
En 1923 foi a Madrid a estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando, con José Capuz e Mateo Inurria. Acudiu, xunto coa súa irmá, que tamén estudaba na Academia, ás charlas da Granja del Henar, onde entrou en contacto con Rafael Alberti, Federico García Lorca e Ramón María del Valle Inclán. Durante a Ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República frecuentou outras charlas artísticas e colaborou con prestixiosos intelectuais doutros ámbitos, realizando maquetas para os arquitectos Luis Lacasa Navarro, Manuel Sánchez Arcas e Agustín Aguirre (Xeración do 25) e figuras para a obra de Federico García Lorca Títeres de cachiporra, por encargo de María Teresa León. miniatura|dereita|Fonte de Los Delfines, na praza da República Arxentina de Madrid. En 1931 estivo entre os asinantes do manifesto da Agrupación Gremial de Artistas Plásticos (AGAP). En 1933 gañou o Premio Nacional de Escultura coa obra Desnudo con pez. En 1935 obtivo praza de profesor na Escola de Artes e Oficios de SalamancaBiografía en Artespain .. Durante a Guerra Civil Española implicouse no bando republicano, participando na Alianza de Intelectuais Antifascistas, para a que realiza carteis, e na revista El Mono Azul.
Terminada a guerra, mentres a súa irmá marchaba exiliada, el permaneceu en España no coñecido como "exilio interior", incluíndo unha estancia no cárcere"Cristino Mallo: El intimismo escultórico" , artigo en Taller Ediciones .. Relacionouse cos artistas que renovaron a estética da posguerra (a denominada Escola de Madrid). Frecuentaba a charla do Café Gijón e acadou sona no ambiente artístico, participando no quinto Salón dos Once (1947) e expoñendo na galería Theo.
En 1954 volveu obter o Premio Nacional de Escultura con Muchacha caminando. En 1973 foi elixido Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, e en 1983 concedéuselle a Medalla de Ouro das Belas Artes.
Obra Estilisticamente está relacionado co mediterraneísmo propio do novecentismo (influencia de Aristide Maillol, Manolo Hugué, das teorías estéticas de Eugenio D'Ors e de escultores italianos como Marino Marini ou Giacomo Manzù), incorporando algunhas das innovacións formais da escultura abstracta.
Realizou a súa obra en boa parte en formatos reducidosNecrolóxica en El País, por Fernando Huici, 13 de xaneiro de 1989 ., se ben tamén realizou escultura de grandes dimensións para monumentos urbanos (Monumento a Eugenio D'Ors, Fuente de los Delfines -ambos os dous en Madrid-).
Trala súa morte, a súa familia depositou gran parte do seu legado na Fundación Eduardo CapaFicha na web da Fundación Capa."La Fundación Capa muestra 180 obras del taller del escultor Cristino Mallo", artigo de Ezequiel Moltó en El país, 16 de marzo de 2003 ..
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas "Cristino Mallo, en la barbacana del café", artigo de Manuel Vicent en El País, 8 de agosto de 1981 .
"Cristino Mallo" en Historia del arte universal de los siglos XIX y XX, Volume 2, px. 667-668.
Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1989