Manuel Cuíña Fernández, nado na Bandeira (Silleda) o 6 de agosto de 1966, é un político galego do PSdeG-PSOE. miniatura|Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, papeleta do PSdG-PSOE na provincia de Pontevedra. Traxectoria Transportista autónomo de profesión, no ano 2007 concorreu como número dous na lista do PSdeG de Silleda para as municipais dese ano. Trala vitoria desta formación, saíu elixido concelleiro e foi nomeado tenente de alcalde. Desaloxado o goberno socialista do poder en outubro de 2009 tras unha moción de censura, foi de novo elixido concelleiro nas municipais de 2011 e tamén primeiro tenente de alcalde de Silleda tras recuperar os socialistas o goberno. Logo da dimisión da alcaldesa Paula Fernández, foi elixido alcalde de Silleda o 19 de xullo de 2013 como candidato da lista máis votada. Nas eleccións municipais do 2015 revalidou a alcaldía con maioría absoluta.Manuel Cuíña gobernará en Silleda tras el desplome del PP en más de 500 votos , en Faro de Vigo (25/05/2015) (Consultado o 7/10/2016). Volveu ser reelixido alcalde con maioría absoluta nas municipais do 2019.

Nas municipais do 2023 logrou maioría simple e foi reelixido como cabeza da lista máis votada. Porén, dous meses máis tarde, en xullo de 2023, e logo dun pleno onde non conseguiu o apoio do BNG para a distribución de soldos e dedicacións, presentou a súa dimisión,Dimite el alcalde de Silleda que retirou posteriormente. Dimitiu como alcalde o 12 de xaneiro de 2024 para ser o número seis da lista do PSdeG-PSOE de Pontevedra nas eleccións autonómicas de 2024.Manuel Cuiña deixa a alcaldía de Silleda tras 17 anos Foi substituído por Paula Fernández Pena.Paula Fernández Pena volverá a ser alcaldesa de Silleda una década después de su marcha.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Silleda Ligazóns externas Ficha de Manuel Cuíña na web do concello de Silleda

Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1966 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes