Pilar Franco Bahamonde, nada en Ferrol o 27 de febreiro de 1895 e finada en Madrid o 6 de xaneiro de 1989, foi unha muller galega, coñecida por ser irmá do ditador Francisco Franco Bahamonde.

Traxectoria Filla de Nicolás e Pilar, foi a terceira de cinco irmáns: Nicolás, Francisco, Ramón, ela e María de la Paz. Estudou Maxisterio, e en 1914 casou co militar Alfonso Jariaíz Jerez, con quen tivo 10 fillos, enviuvando cando o menor deles tiña 10 meses. Durante un tempo traballou como relacións públicas.

Finou por mor dun derramo cerebral, e foi soterrada no Cemiterio da Almudena de Madrid"Pilar Franco será enterrada hoy en el Cementerio de la Almudena", artigo en ABC, 7 de xaneiro de 1989 .

Escribiu o libro Nosotros, los Franco (1980), no que contaba detalles da vida familiar.

Notas

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Personalidades de Galicia Categoría:Francisco Franco