Francisco Mariño García, finado na Coruña o 5 de novembro de 1905Necrolóxica en Coruña Moderna, 12-11-1905, p. 6., foi un político galego.

Traxectoria Foi alcalde da Coruña en dúas ocasións, o seu primeiro mandato foi en 1901 e só durou oito días, en 1903 volveu ser nomeado alcalde, pero morreu cando estaba a punto de cumprir dous anos á fronte do Concello. Foi o encargado de poñer en marcha as obras de construción do pazo municipal na praza de María Pita.

O 17 de febreiro de 1903, o xornalista Alfredo Tella na súa crónica de El Noroeste fixo un comentario sarcástico sobre os mozos que se vestían de "madamas" no Entroido, solicitando que o alcalde tomase medidas para evitar equívocos aos curtos de vista. Ao día seguinte, o alcalde Luis Argudín Bolívar publicou o bando de entroido, cun artigo no que prohibía que os homes se disfrazasen de muller. La Voz de Galicia ironizou con que a medida prexudicara aos homes, e non ao revés. Ao ano seguinte, o sucesor no cargo de Argudín Bolivar, Francisco Mariño, prohibiu tamén que as mulleres se disfrazasen de home.

Notas

Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1905 Categoría:Nados en ano descoñecido