Antonio Fontenla Ramil, nado na Coruña en 1943, é un empresario galego. Foi presidente da Confederación de Empresarios de Galicia dende o ano 2001 ata o 2013, ao ser reelixido dúas veces.Ficha de Antonio Fontenla en ''El Correo Gallego Tamén é o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña.

Traxectoria Estudou Arquitectura Técnica en Madrid e fíxose empresario da construción, participando na dirección e presidencia de diferentes empresas inmobiliarias e de enerxías renovables.

Foi o máximo responsábel de Construcciones Fontenla até 2004, cando os seus irmáns decidiron desaloxalo da presidencia.

Notas

Categoría:Empresarios da construción Categoría:Presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1943 Categoría:Empresarios de Galicia