A carroucha de umbela ou queiroga de umbelaNomes vulgares galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Nomenclatura vernácula da flora vascular galega. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991 (Erica umbellata) é unha urce (familia das ericáceas) común en Galiza, aínda que é máis termófila ca outras uces.

Descrición Arbusto de 15 cm a 1 m de altura, coas pólas algo tortas. Follas en verticilos de 3 , curtas, de 3 a 4 mm, sen vilosidade, lineares, aciculares e coa marxe revirada ocultando o envés case totalmente. As flores deste mato permite recoñecer a especie de xeito doado. Inflorescencias terminais con 3-6 flores ovoides, máis estreitas no extremo. Sépalos ovais curtamente ciliados. Estames saíntes e sen apéndices nas anteras. A cor das flores é rosada – lila, os pétalos están fusionados en forma de pequenos globos piramidais que penduran nos acios das terminacións das franzas, en número de 3 a 6, polos que sobresaen os estames mouros. Florea na primavera e no verán. O froito é unha cápsula. As sementes son ovais e de cor moura ou rubia.

Hábitat Medra en terreos silíceos empobrecidos e descarnados, a miúdo areentos, e en climas algo húmidos e suaves. Desde os areais e dunas subcosteiras ascende até por riba dos 1.300 m de altitude.

En Galiza medra en solos acedos (silíceos) empobrecidos. Representan a etapa de degradación dos bosques clímax de Galiza das zonas húmidas por baixo dos 1300 m de altitude. Esta carroucha é algo máis termófila que outras.

Distribución Medra na metade occidental da Península Ibérica e o noroeste de África

Ecoloxía e ameazas As ameazas pasan pola redución especialmente en Galiza dos ecosistemas costeiros e especialmente pola substitución das uceiras, carroucheiras e toxeiras por plantacións forestais de eucaliptos e piñeiros. Outros problemas son a utilización de fertilizantes artificiais, a desaparición da gandaría rústica extensiva, a creación de vías forestais, a instalacións de enerxía eólica, ou a minaría. A desaparición das toxeiras e carroucheiras ten un efecto moi negativo na recuperación da vexetación e do solo.

Etimoloxía A orixe do nome vulgar galego carroucha non está claro. Podería derivar, igual que outras denominacións coma carrasca, carqueixa e queiruga, do latín carex -icis, etimoloxía xeralmente aceptada polos filólogos para carrizo, pero tamén podería ter unha orixe común ás palabras con carba: carballo ou carpaza, cuxa orixe probábel é unha raíz prerromana preindoeuropea car- ou k-ar-, que significa rocha, cousa de constitución dura, planta de monte, áspera e dura. Outra posibilidade, xunto coa orixe da palabra carpaza, é que derive do latín carpere, que significa rañar e, outra posibilidade máis é que estea relacionada coa palabra carapaccia, étimo que suxestiona para o castelán calabazaAtlas Xeobotánico de Galicia.

Nomes comúns Tamén recibe os nomes comúns galegos de queiroa de umbela, carrasco de umbela, carpaza etc.

En portugués chámana:queiró; en inglés:dwarf Spanish heath.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas http://www.vexetaciondegalicia.es/ma-erica-umbellata.html

Categoría:Erica Categoría:Arbustos de Galicia