miniatura|240px|Colonia de P. polymerus en Friday Harbor na costa noroeste dos Estados Unidos. O percebe do Canadá ou percebe do noroeste do Pacífico, Pollicipes polymerus é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, mariño con pedúnculo carnoso e curto, que vive fixado ás rochas batidas polas ondas.
A súa área de dispersión limítase á zona intertidal ao longo da costa pacífica de Norteamérica..
É un parente próximo do percebe do Atlántico NE, Pollicipes pollicipes, e a súa aparencia e gusto son similares.O da aparencia é certo, ben se ve se comparamos as fotos de ambas as especies. Canto ao do gusto, hai opinións diversas; o profesor Carlos Pajares, ex-reitor da Universidade de Santiago, que fixo estudos de posgraduado en Oregón, nunha entrevista periodística afirmou que alí se vivía moi ben, pero que estaba farto de comer percebes, que non tiñan nada que ver cos galegos.
A partir de 1970 a súa explotación comercial no Canadá experimentou un importante auxe debido á demanda do mercado español xa que os stocks locais de Pollicipes pollicipes diminuíran gravemente. Porén, as exportacións de percebe do Canadá cesaron a partir de 1999, data na que se pecha a súa pesca comercial debido á preocupante baixa das súas poboaciós.Josie Osborne (2003): A Spanish Love Affair with Goose Barnacles . Ha-Shilth-Sa Newspaper..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Martin, Joel W. & George E. Davis (2001): An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 1–132. Paine, Robert T. (1966): " Food web complexity and species diversity" (PDF). The American Naturalist 100 (910): 65–75.
Outros artigos Cirrípedes Percebe
Ligazóns externas Pollicipes polymerus en NCBI. Pollicipes polymerus en Animal Diversity Web. (Contén información sobre a especie e o seu hábitat e distribución). Pollicipes polymerus en Encyclopedia of Life. (Contén fotos e mapa de distribución). Pollicipes polymerus Sowerby, 1833 en ITIS. Pollicipes polymerus en Race Rocks. (Contén ampla información sobre a bioloxía e distribución da especie, e varias fotos).
Categoría:Crustáceos Categoría:Marisco Categoría:Animais descritos en 1883