Antonio Álvarez Dopazo, nado en 1883 e finado en Ourense o 23 de decembro de 1963, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Viviu en Cuba. Tiña unha pequena fábrica de chocolates preto do Posío. Foi elixido alcalde republicano de Ourense o 24 de abril de 1931 e permaneceu no cargo ata 1934, cando, trala folga xeral revolucionaria de 1934, foi substituído por Santos Fernández Fueyo, republicano radical, co apoio da dereita. Finou en Ourense o 23 de decembro de 1963 con 80 anos.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 27-12-1963, p. 15. Vida persoal
Casou con Josefa Rodríguez Cordero e foi pai de Clementina, Camilo, Luz, Enrique, Antonio e Josefa Álvarez Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A mirada retida. Álvarez Dopazo
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Finados en 1963 Categoría:Nados en 1883